Saltar ao contido

TED

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 TED
Logotipo
Imaxe
 Composto por
TED 2020 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Texto lema
ideas worth spreading Editar o valor en Wikidata
Características
 Contén partes da clase
Implicados
 Fundador/a
 Organizador/a
TED Editar o valor en Wikidata
 Propietario/a
 Operador/a
TED Editar o valor en Wikidata
 Comisario
 Participantes
Datas
 Fundación / creación
23 de febreiro de 1984 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración72 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF12145971350332331575 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/058p1b Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt1002695 Facebook: TED Twitter: TEDTalks Instagram: ted Youtube: UCAuUUnT6oDeKwE6v1NGQxug Pinterest: tednews Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

TED Tecnoloxía, Entretemento, Deseño (en inglés: Technology, Entertainment, Design) é unha organización sen ánimo de lucro adicada ás "Ideas dignas de difundir" (do inglés: Ideas worth spreading). TED é amplamente coñecida polo seu congreso anual (TED Conference) e as súas charlas TED Talks que cobren un amplo espectro de temas que inclúen ciencias, arte, deseño, política, educación, cultura, negocios, asuntos globais, tecnoloxía, desenvolvemento e entretemento. Entre os seus conferenciantes teñen incluído eminencias nos seus ámbitos de actuación como: distintos galardoados co Premio Nobel, (James D. Watson e Murray Gell-Mann); o ex Presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton; o seu vicepresidente Al Gore; o cofundador de Microsoft, Bill Gates; os co-fundadores de Google, Sergey Brin e Larry Page e Billy Graham entre outros.

Hai máis de 1000 charlas TED dispoñibles na súa web para descargar ou visualizar online, coa posibilidade de subtitulalas en diferentes idiomas. O 13 de novembro chegaron aos 1000 millóns de vistas en todo o mundo.

Bill Clinton participou no TED do 2007.

A conferencia TED foi fundada por Richard Saul Wurman e Harry Marks en 1984, lévase a cabo anualmente dende 1990. Despois da conferencia de 2002, Wurman cedeulle os dereitos do evento a Chris Anderson, quen é agora o anfitrión desta. A conferencia é propiedade de The Sapling Foundation. A fundación sen ánimo de lucro de Anderson está adicada a potenciar o poder das ideas para cambiar o mundo.

A organización de TED ten as súas oficinas en Nova York e Vancouver. A conferencia realizouse en Monterei (California), dende a súa fundación, pero a partir de 2009 lévase a cabo en Long Beach (California). A conferencia TED conta dende 2005 cun evento asociado, TED Global, que é realizado en distintos lugares. En 2005, TED Global realizouse en Oxford (Inglaterra) e en 2007 en Arusha (Tanzania), onde se denominou TED África. Progresivamente foise realizando en máis lugares (Mysore, Edimburgo, Washington, D.C. etc.

No ano 2009 créase o programa TEDx para a realización de eventos locais, organizados independentemente, que buscan reunir persoas para compartir ideas que merezan ser difundidas. Nun evento TEDx, onde o “x” significa “evento organizado independentemente”, disertadores en vivo combínanse con TEDTalks para incitar ao debate profundo e á interconexión. A conferencia TED ofrece unha guía xeral ao programa TEDx, pero cada evento individual TEDx é independente de TED. Como regra xeral, estes eventos teñen unha duración dun día e a súa entrada é de balde.

Os conferenciantes non cobran e teñen que comprometerse a lle ceder a TED o dereito para editar e distribuír a súa presentación baixo licenza Creative Comons. A finais do ano 2012, máis de 16.000 conferencias foron dadas en máis de 5.000 eventos TEDx en 1.200 cidades en 133 países.

TEDxGalicia

[editar | editar a fonte]

Por primeira vez levouse a cabo TEDxGalicia no ano 2010.[onde?] En 2013 levouse a cabo a cuarta edición.[onde?][Cómpre referencia]

TED Prize

[editar | editar a fonte]

O premio TED (TED Prize) foi creado no ano 2005. Inicialmente, cada ano, tres individuos recibían 100.000 dólares cada un e a posibilidade de formar un "desexo para cambiar o mundo" que presentan durante a conferencia. Dende 2010, prémiase anualmente un soño con 1.000.000 de dólares.

Gañadores do TED Price en anos anteriores:

2005 [1] 2006 [2] 2007 [3] 2008 [4] 2009 [5] 2010 [6] 2011 [7] 2012 [8] 2013 [9] 2014 2015 2016 2017
BonoLarry BrilliantBill ClintonNeil TurokSylvia EarleJamie OliverJRCity 2.0Sugata MitraCharmian Gooch[10]David IsaySarah ParcakRaj Panjabi
Edward BurtynskyJehane NoujaimEdward O. WilsonDave EggersJill Tarter
Robert FischellCameron SinclairJames NachtweyKaren ArmstrongJosé Antonio Abreu
  1. "TED Prize 2005". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2008. Consultado o 2008-11-30. (primary source)
  2. "TED Prize 2006". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2008. Consultado o 2008-11-30. (primary source)
  3. "TED Prize 2007". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2008. Consultado o 2008-11-30. (primary source)
  4. "TED Prize 2008". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 2008-11-30. (primary source)
  5. "TED Prize 2009". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2011. Consultado o 2008-11-30. (primary source)
  6. "TED Prize 2010". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 2009-12-21. (primary source)
  7. "TED Prize 2011". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2011. Consultado o 2010-10-20. (primary source)
  8. "TED Prize 2012". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 2012-03-01. (primary source)
  9. "TED Prize 2013". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 2013-03-01. (primary source)
  10. "Charmian Gooch: Anti-corruption activist". TED. Consultado o 12 de xullo de 2014. Global Witness co-founder Charmian Gooch is the 2014 TED Prize winner. At her NGO she exposes how a global architecture of corruption is woven into the extraction and exploitation of natural resources.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]