Niké
| Niké | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Venerado por
| |||||||||
|
Patrón de
| |||||||||
|
Semellante a
| |||||||||
| Obra | |||||||||
|
Representado por
Nike Crowns the Hero (en)
Nike (sculpture), Chalkida (en) Statue of Nike, Kavala (en) Mosaico policromo a cassettoni con Nike e maschere (en) Nike Farnese (en) Memorial to the Fallen, Patras (en) Memorial to the National Resistance, Ermoupolis (en) Memorial to the National Resistance, Loutraki (en) Niki (agalma, Spata) (en) statue of Nike (en) | |||||||||
| Biografía | |||||||||
|
Sexo
| |||||||||
| Familia | |||||||||
|
Nai
| |||||||||
|
Pai
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||

Niké,[1] Nice ou Nike, (en grego antigo Νίκη, vitoria), segundo a mitoloxía grega, era a divindade da vitoria[2][3] e o seu equivalente romano era a "Vitoria". Aparecía con corpo dunha doncela alada voando a gran velocidade que levaba unha palma e coroa de loureiro e representaba a vitoria no combate e nas competicións atléticas.
Referencias antigas
[editar | editar a fonte]Hesíodo, convértea en filla do titán Palas e de Estixia sendo, polo tanto, irmá de Bía (a Violencia), Zelo (o Fervor) e Cratos (a Forza). Segundo a mitoloxía posterior, Estixia levounos a carón de Zeus cando este buscaba aliados entre os deidades olímpicas para a loita contra os Titáns,[4] deidades máis antigas. Níke asumiu o papel de auriga divina,[5] un papel no que tamén aparece na arte grega clásica, e voou polos campos de batalla recompensando aos vencedores con gloria e fama, simbolizada pola coroa de follas de loureiro. En sinal de gratitude, Zeus adoptou a Nike.
Os romanos coñecíana polo nome de Vitoria e, segundo a súa mitoloxía, foi educada por Palas, o heroe epónimo do Palatino, que lle construíu un templo no cume da cuíña palatina.
Nike aparece alada na maioría das estatuas e pinturas, sendo a Nike alada de Samotracia (exposta no Museo do Louvre) unha das máis coñecidas. Nike é a deusa da forza, a velocidade e a vitoria. Aínda que orixinalmente era consideraba unha deusa independente, trala batalla de Salamina (480 a. C.), quedou asociada a Atenea e mesmo, Nike, foi un alcume da deusa co significado de «vitoriosa», e pasou a ser representada como unha pequena escultura feminina sobre a palma da man da deusa na estatua de Atenea situada no Partenón.
Níke tamén é unha das imaxes máis presentes nas moedas gregas.[6]
Hai múltiples nomes en moitas linguas que proveñen de Nike, como por exemplo: Nikolaos, Nicholas, Nicola, Nick, Nicolai, Niccolò, Nikolai, Nicolae, Nils, Klaas, Nicole, Ike, Niki, Nikita, Nikitas, Nika, Nieke, Naike, Niketas, Nikki, Nico, e Verónica .
Referencias contemporáneas
[editar | editar a fonte]- A empresa de equipamiento deportivo Nike, Inc. leva o nome da deusa.[7]
- Un sistema de mísiles antiaéreos estadounidense, lleva o nome de Proxecto Nike.[8]
- Unha figura de da deusa cun buque foi o deseño do primeiro trofeo da Copa Mundial da FIFA, tamén coñecido como o trofeo de Jules Rimet.
- A imaxe da deusa forma parte do emblema da Universidade de Melbourne.[9]
- O Spirit of Ecstasy, o adorno de campana empregado polo fabricante de automóbiles Rolls-Royce, está inspirado na imaxe da deusa.[10]
- O logo da compañía de motocicletas Honda está inspirado na deusa.[11]
Galería
[editar | editar a fonte]-
O foguete Niké-Cajún.
-
Mísil Nike Ajax
-
Zapatillas deportivas Nike Laser IV KL
-
Representación de Niké nunha vasilla grega
-
Niké de Samotracia no museo do Louvre
-
Niké de Olimpia
-
Estatua de Niké no Museo de Historia Natural de Viena
-
Vista do templo de Atenea Nike na acrópole de Atenas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Niké". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1464.
- ↑ Lajo (1990), p. 146
- ↑ VV.AA. (2003), p. 117
- ↑ "Hesiod, Theogony (371)". Perseus Digital Library. Consultado o 28-06-2018.
- ↑ "Nike". THEOI GREEK MYTHOLOGY. Consultado o 28-06-2018.
- ↑ Sayles, Wayne G (2007). Ancient Coin Collecting II: Numismatic Art of the Greek World (en inglés). Krause Publications. p. 149. ISBN 978-0-89689-516-4.
- ↑ Levinson, Philip (19-01-2016). "How Nike almost ended up with a very different name". Business Insider. Consultado o 28-06-2018.
- ↑ "Summary of Nike Missile Batteries" (PDF). redstone.army.mil. Archived from the original on 20-02-2004. Consultado o 28-06-2018.
- ↑ "The University of Melbourne". The University of Melbourne. Consultado o 28-06-2018.
- ↑ "Spirit of Ecstasy – the story". rolls-roycemotorcars.com. Arquivado dende o orixinal o 28-06-2018. Consultado o 28-06-2018.
- ↑ "The Honda logotype". onlytrial.com. Arquivado dende o orixinal o 28-06-2018. Consultado o 28-06-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Niké |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (2008). Diccionari de mitologia grega i romana (en catalán). Barcelona: Edicións de 1984. ISBN 9788496061972.
- Lajo, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-493-1.
- VV.AA. (2003). Diccionario de Arte II (J-Z). Biblioteca de Consulta Larousse. Barcelona: Spes Editorial (RBA). ISBN 84-8332-391-5.