Templo de Atenea Nike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Templo de Atenea Nike
Temple of Athena Nike.jpg
Presentación
Nome localΝαός Αθηνάς Νίκης
LocalizaciónAtenas, Grecia Grecia
DirecciónAcrópole de Atenas
Coordenadas37°58′17″N 23°43′30″L / 37.97139, -23.72500
EstruturaPedra
EstiloArquitectura clásica
TipoTemplo grego
PropietarioGoberno de Grecia
Construción
Inicio421 a. C.
Remate(remate da construción)
Dimensións
Altura máxima(altura en antena)
Altura da azotea(altura en azotea)
Altura da última planta(altura en piso máis alto)
Equipo
Arquitecto(s)Calícrates

O Templo de Atenea Nike (en grego antigo Ναός Αθηνάς Νίκης: Atenea Vitoriosa) ou Nike Áptera (Αθηνάς Νίκης: Vitoria sen ás) conmemora a vitoria sobre os persas na batalla de Salamina (448 a. C.). A idea da súa construción na Acrópole de Atenas, xurdiu no 449 a. C., trala paz cos persas. Porén, Pericles opúxose ao levantamento do mesmo e non se comezaron as obras ata o 421 a. C.,[1] ou o 425 a.C.,[2] comezada xa a Guerra do Peloponeso (431 a. C. - 404 a. C.).

Historia[editar | editar a fonte]

O proxecto encargáronllo Calícrates (Καλλικράτης),[2] arquitecto que tamén colaborou na construción do Partenón xunto con Ictino, e que deseñou un templo de orde xónica que tivo que adaptarse ao pequeno espazo que se lle asignou: un bastión (torre grande) dos Propileos, que domina o ascenso á Acrópole.

No seu interior houbo un xóanon, imaxe de Atenea personificada como Nike, ou deusa alada, símbolo das vitorias navais, á que lle cortaron as ás (áptera: sen ás) para que nunca puidese abandonar a cidade. Pero o templo non estaba destinado a grandes reunións, para iso tiña enfronte un altar que permitía celebrar cerimonias ao aire libre.

O templo no seu estado actual foi fielmente restaurado, pero perdeu parte do friso, a cuberta e os frontóns. É o templo xónico máis antigo da Acrópole.[1]

Os turcos desmontaron gran parte da estrutura para realizar fortificacións coa pedra, mais no século XIX foi restaurado.[2]

Vistas[editar | editar a fonte]

Alzado[editar | editar a fonte]

O alzado do templo (de 8 metros de altura): sobre a plataforma escalonada ou crepidoma, aséntanse os muros e as columnas xónicas de mármore compostas de basa, fuste monolítico con estrías de ángulos matados e chapitel con volutas. O friso consta dunha arquitrabe de tres bandas, un friso corrido que tivo unha decoración mitolóxica alusiva ás Guerras médicas e unha cornixa, sobre ela os frontóns dedicados a Atenea.

O alzado tamén presenta unha anomalía particular: mentres a proporción da medida da altura da columna en relación ao diámetro da base na orde xónica é de 9:1, neste caso é baixa (7:1) quizais para axeitarse á proporción da estrutura dórica próxima, que eran o propíleos e que tiñan un módulo de 5:1[1]

Alzado reconstruído hipoteticamente.
Planta.

Planta[editar | editar a fonte]

A planta, de moi pequenas dimensións, é propia dun templo anfipróstilo-tetrástilo,[1] no que tanto o vestíbulo dianteiro (pronaos) como o traseiro (opistódomos) se converten en pequenos pórticos. A cella ou sala da deusa, é case cadrada (4 x 4 metros). É, polo tanto, un templo moi pequeno, de dimensións humanas; moi harmonioso nas súas proporcións. Todas as medidas están matematicamente estudadas para daren esa sensación de esvelteza, a pesar do seu escaso tamaño.

Restos do friso.
Atenea atándose unha sandalia
  • A decoración escultórica no friso do templo, que representa a Atenea, Zeus e Poseidón axudando os atenienses, é sen dúbida un intento de elevar a moral da cidade, que naqueles anos estaba sumida noutra contenda que acabaría perdendo, a Guerra do Peloponeso. Así mesmo, o parapeto do bastión sobre o que se alza o edificio foi decorado con relevos (entre eles o de Atenea Niké atándose a sandalia) intentando expresar a determinación pola vitoria que nunca chegou. Este paramento, obra da escola de Fidias mostra as súas principais características, como os panos mollados (xa esculpidos ao trépano) ou figuras divinas (como a propia Atenea) en accións "cotiás" como atarse unha sandalia, que demostran o afastamento do idealismo do primeiro clasicismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Trachtenberg &Hyman (1990), p. 107
  2. 2,0 2,1 2,2 Hartt (1989), p. 198

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hartt, Frederick (1989). Arte. Historia de la pintura, escultura y arquitectura. Col. Arte / Estética. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-411-7. 
  • Trachtenberg, Marvin; Hyman, Isabelle (1990). Arquitectura. De la Prehistoria a la Postmodernidad. Madrid. Madrid: Akal. ISBN 978-84-7600-628-3. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]