Bía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hefesto, Bía e Kratos encadeando a Prometeo no monte Cáucaso. Debuxo de Johann Heinrich Füssli.

Bía era na mitoloxía grega a personificación da forza e da violencia, filla de Palas e Estixia, e irmá de Niké, Kratos, e Zelo. Aliouse cos seus irmáns con Zeus na súa loita cos titáns. Aparece citada por Esquilo en Promētheus Desmōtēs e Platón en Protágoras. Represéntase como unha muller armada con coiraza.