Nelly Naumann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNelly Naumann
Biografía
Nacemento20 de decembro do 1922
Lörrach
Morte29 de setembro do 2000
Friburgo, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
EducaciónUniversidade de Viena
Actividade
Lugar de traballo Viena
Bochum
Friburgo Editar o valor em Wikidata
OcupaciónProfesora universitaria
Período de actividadeSéculo XX
EmpregadorUniversidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Münster
Universidade de Bochum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaAlemán

Nelly Naumann (katakana: ナウマン・ネリー), nada o 20 de decembro do 1922 e finada o 29 de setembro do 2000, foi unha investigadora alemá especializada na mitoloxía e o folclore xaponés, así coma no xintoísmo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naumann naceu en Lörrach co nome de Thusnelda Joch. Matriculouse no Hebel Gymnasium, obtendo a súa Abitur no 1941. Licenciouse en Xaponoloxía e Sinoloxía na Universidade de Viena, onde tamén estudou etnoloxía e filosofía.[1][2] Tivo que pospoñer a súa tese, Das Pferd in Sage und Brauchtum Japans ("O cabalo na mitoloxía e as tradicións do Xapón"), a causa da segunda guerra mundial. No 1946, converteuse na primeira muller en doutorarse en Estudos Xaponeses da súa institución.

Posteriormente, casou cun compañeiro de estudos chinés; ambos mudáronse a Shanghai, onde viviron até o 1954. Naumann regresou a Alemaña tras divorciarse, entrando a traballar na Biblioteca do Estado de Baviera (Múnic).[1][2][3] Entre o 1966 e o 1977, foi profesora das universidades de Bochum, Münster e Friburgo. No 1970, obtivo a súa Habilitation cunha disertación titulada Das Umwandeln des Himmelspfeilers ("A transformación do Piar do Ceo").[4] Foi profesora de Estudos Xaponeses en Friburgo entre o 1973 e a súa xubilación no 1985.[3]

Naumann continuou publicando algunhas das súas obras máis importantes, como Die einheimische Religion ("A relixión nativa", 1988-1994) e Die Mythen des alten Japan ("Os mitos do Xapón antigo", 1996). No 1993, editouse unha Festschrift na súa honra.[5]

Faleceu en Friburgo no ano 2000.

Obra[editar | editar a fonte]

Naumann empregou a metodoloxía da Escola de Arte e Historia de Viena, que utiliza as comparacións interculturais para afondar nunha cultura en particular. Neste sentido, contrastou coa perspectiva tradicional dos Estudos Xaponeses, que analizaba a cultura nipoa de maneira illada.[1] Miyata Noboru alabou o seu punto de vista, e un comité de flocloristas están a publicar as súas obras en xaponés.[1] Ademais, Naumann destacou por entender tanto o xaponés coma o chinés, ademais de pola amplitude cronolóxica das súas investigacións. Naumann empregou fontes de moi diverso cuño, tanto textuais coma iconográficas.[3] Con todo, nunca fixo traballos de campo.[3]

O seu principal eido de investigación foron os antigos mitos e relixións do Xapón, anteriores á chegada do budismo; porén, tamén publicou unha antoloxía de literatura clásica xaponesa: Die Zauberschale ("A cunca máxica", 1973; con Wolfram Naumann). Nos seus últimos anos, estudou tamén o xamanismo nipón, co lingüista Roy A. Miller.[2]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Antiguos mitos japoneses. Tradución ao castelán de Adan Kovacsics. Herder.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Klaus, Antoni (2001). "In memoriam Nelly Naumann" (PDF). Nachrichten der Gesellschaft für Natur - und Völkerkunde Ostasiens (en alemán): 167–170. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Blümmel, Maria-Verena; Antoni, Klaus (2001). "In Memoriam: Nelly Naumann. December 20, 1922-September 29, 2000". Asian Folklore Studies 60 (1): 135–146. ISSN 0385-2342. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Matsumura, Kazuo (2006-07). "NELLY NAUMANN’S CONTRIBUTION TO THE STUDY OF JAPANESE RELIGION AND MYTH". Religious Studies Review (en inglés) 32 (3): 163–168. ISSN 0319-485X. doi:10.1111/j.1748-0922.2006.00080.x. 
  4. Immoos, Thomas (1973). "Review of Das Umwandeln des Himmelspfeilers. Ein Japanischer Mythos uns sein Kulturhistorische Einordung.". Monumenta Nipponica 28 (3): 387–388. ISSN 0027-0741. doi:10.2307/2383799. 
  5. Antoni, Klaus J. (1993). Festgabe für Nelly Naumann (en alemán). Gesellschaft für Natur- und Völkerkunde Ostasiens. ISBN 978-3-928463-54-6. 
  6. "Die Mythen des alten Japan". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2024-01-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]