Nasal velar
| Nasal velar | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
| Nasal velar | |
|---|---|
| AFI – número | 119 |
| AFI – Unicode | ŋ |
| AFI – imaxe | |
| Entidade HTML | ŋ |
| X-SAMPA | N |
| Kirshenbaum | N |
O nasal nelar ou ene velar é un tipo de fonema consoante (nasal, oclusivo e velar). Foneticamente é común en moitas linguas, cunha alofonía típica de /n/ antes de consoantes velares como as consoantes /g/ e /k/ por exemplo (en castelán por exemplo domingo é pronunciado [d̪o̞ˈmĩŋɡo̞].
Presenza no galego
[editar | editar a fonte]En lingua galega, alén do -n- antes de /g/ e /k/ , por exemplo en domingo ou áncora, o son nasal velar correspóndese en galego coa pronuncia do -nh- en unha, algunha, ou do -n final en camión, avión.
En castelán, tanto europeo como de América Latina o -n final correspóndese co /n/ e non co ene velar, salvo cando é pronunciado con acento fonético doutras linguas.
Algunhas palabras de orixe galego-portuguesa na lingua xaponesa ou coreana conservan o ene velar final, por exemplo 빵 (pan) é pronunciado /ppaŋ/.
Representación
[editar | editar a fonte]O símbolo deste son no Alfabeto Fonético Internacional é ŋ, e o seu símbolo equivalente X-SAMPA é N. O símbolo AFI é a n minúscula cun gancho esquerdo que sobresae da parte inferior dereita da letra.
Características
[editar | editar a fonte]- O seu modo de articulación é oclusivo, o que significa que se produce ao obstruír o fluxo de aire no aparello vocal.
- O seu punto de articulación é velar, o que significa que se articula co dorso da lingua contra o padal brando.
- O tipo de fonación é sonora, o que significa que as cordas vocais vibran durante a articulación.
- É unha consoante nasal, o que significa que permite que o aire escape polo nariz.
- é unha consoante central, o que significa que se produce deixando que a corrente de aire flúe polo medio da lingua en lugar dos lados .
- O mecanismo do aire é egresivo, o que significa que se articula expulsando o aire dos pulmóns a través do aparello vocal.
O ene velar en diversas linguas
[editar | editar a fonte]| Lingua | Palabra | AFI | Significado | Graos | |
|---|---|---|---|---|---|
| alemán | lang | [laŋ] | 'Lonxe' | ||
| castelán [1] | domingo | [d̪o̞ˈmĩŋɡo̞] | 'domingo' | ||
| catalán [2] | sang | [saŋ] | 'sangue' | ||
| chinés | cantonés | 昂/ ngong | [ŋɔːŋ˩] | 'levantarse' | |
| mandarín | 北京Běijīng | [peɪ˨˩ tɕiŋ˥˥] | 'Pequín' | ||
| coreano | 방 / bang
빵 / ppang |
[paŋ] ;
[ppaŋ] |
'sala de estar'
; 'pan' |
||
| danés | sang | [sɑŋˀ] | 'canción' | ||
| filipino tagalo | ngayon | [ˈŋajon] | 'agora, hoxe' | ||
| galego | unhaman | [ˈuŋa][maŋ] | |||
| grego | αποτυγχάνω | [aˌpo̞tiŋˈxano̞] | "Fallarei" | ||
| húngaro | ing | [iŋɡ] | 'camisa' | ||
| indonesio | bangun | [baŋun] | 'espertar' | ||
| inglés | sing | [sɪŋ] | 'cantar' | ||
| italiano [3] | anche | [ˈaŋke] | 'tamén' | ||
| lingua xaponesa (variantes) | Patrón | 南極/ nankyoku | [naŋkʲokɯ] | 'Polo Sur' | |
| Dialectos orientais [4] | 鍵/ kagi | [kaŋi] | 'chave' | Nasalización de [g] | |
| neerlandés [5] | angst | [ɑŋst] | 'medo' | ||
| tailandés | งาน | [ŋaːn] | 'traballo' | ||
| vietnamita | ưng | [ɯŋ] | 'aceptar' | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Castilian Spanish". Journal of the International Phonetic Association 33 (2): 258. 2003.
- ↑ F., Joan (1992). "Catalan". Journal of the International Phonetic Association 22 (2): 53.
- ↑ "Italian". Journal of the International Phonetic Association 34 (1): 118. 2004.
- ↑ "Phonetic Representation:Japanese". Journal of the International Phonetic Association 21 (2): 95. 1991.
- ↑ "Dutch". Journal of the International Phonetic Association 22 (2): 45. 1992.