Presidente de Armenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Brasón de Armenia

O presidente de Armenia é o xefe de Estado dese país dende a súa independencia da Unión Soviética, ocorrida o 21 de setembro de 1991.

O título exacto do cargo é "Presidente da República de Armenia".

Historia[editar | editar a fonte]

Armenia constituíuse nunha república independente por primeira vez entre 1918 e 1920, como República Democrática de Armenia. Durante este tempo, o seu xefe de estado foi Avetis Aharonyan, que gobernou entre o 30 de maio de 1918 e o 2 de decembro de 1920, cando se proclamou a República Socialista Soviética de Armenia, e o país pasou a formar parte da Unión Soviética.

A República de Armenia (1991-presente)[editar | editar a fonte]

En setembro de 1991 convocouse un plebiscito, no cal a maioría da poboación da Armenia votou pola independencia da Unión Soviética. No mes seguinte, convocouse a primeira elección presidencial, na cal Levon Ter-Petrosian foi elixido con 83% dos votos.

Segundo a constitución do país, o presidente é o xefe de estado de Armenia. É elixido directamente pola poboación para un mandato de 5 anos, sendo posíbel convocar unha segunda volta no caso de que ningún candidato obteña a maioría absoluta na primeira volta.

Esta é unha lista dos presidentes de Armenia despois de 1991.

Nome Inicio Fin Partido Eleccións
Levon Ter Petrossian.jpg
Levon Ter-Petrosian 16 de outubro de 1991 3 de febreiro de 1998 Movemento Nacional pan-Armenio 1991
1996
Robert Kocharyan's Interveiw, 2003.jpg
Robert Kotcharian 3 de febreiro de 1998 9 de abril de 2008 Independente 1998
2003
Serj1.jpg
Serzh Sargsian 9 de abril de 2008 9 de abril de 2018 Partido da República 2008
2013
Sarkissian armen profile.jpg
Armen Sarkissian 9 de abril de 2018 (no cargo) Independente 2018