Nameko
| Pholiota nameko Nameko | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cultivo de nameko | |||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||
| Pholiota nameko (T. Itô) S. Ito & S. Imai (1933) | |||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||

Pholiota nameko,[1] ás veces coñecida como Pholiota microspora,[2] e comunmente como nameko (ナメコ?),[3] é un fungo basidiomiceto da subdivisión dos agaromicotinos, clase dos agaromicetos, orde dos agaricais e familia das estrofariáceas,[1][4][5] unha das numerosas integradas no xénero Pholiota.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1933 polo botánico xaponés Tokutarô Itô,[4][5] nun traballo publicado en:
- T. Itô, S. Ito & S. Imai (1933): Bot. Mag. (Tokyo) 47: 388.[2]
Sinómimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4][5]
- Collybia nameko T. Itô (protónimo)
- Kuehneromyces nameko (T. Itô) S. Ito
Características
[editar | editar a fonte]É un cogomelo pequeno, cun chapeu de cor apardazada ou alaranxada e recuberto dunha fina película de textura xelatinosa. O seu pé é longo e delgado, de cor máis clara, cun anel amarelado na parte superior.
Usos
[editar | editar a fonte]Úsase como ingrediente na sopa de miso e no nabemono.
É un dos cogomelos cultivados máis populares no Xapón. Ten un sabor doce e lixeiro a noz e adoita consumirse en salteados.
Na China, onde tamén é moi popular, é coñecido como huázĭ mó (en chinés: 滑子蘑).
Así mesmo e tamén moi consumido en Rusia, onde é coñecido como "ou-pyo-nok" (опёнок), en plural "ou-pya-ta" (опята).[6]
Galería
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Pholiota nameko". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited.
- 1 2 Pholiota nameko (T. Itô) S. Ito & S. Imai 1933 en Biota of New Zealand. Consultada o 25 de decembro de 2022.
- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración. (PDF) Santiago de Compostela: Termigal. Xunta de Galicia/Real Academia Galega. ISBN 978-84-4535-056-0.
- 1 2 3 Pholiota nameko (T.Itô) S.Ito & S.Imai no GBIF. Consultado o 25 de decembro de 2022.
- 1 2 3 Pholiota nameko (T. Itô) S. Ito & S. Imai na BioLib. Consultada o 25 de decembro de 2022.
- ↑ What is a Nameko Mushroom?, WiseGEEK.com