Basidiomicetos
| Basidiomicetos | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Basidiomycota Heinrich Anton de Bary 1866 | |||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||
| Dominio | Eukarya | ||||||||||||||
| Reino | Fungi | ||||||||||||||
| Subreino | Dikarya | ||||||||||||||
| Filo | Basidiomycota | ||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Os basidiomicetos (Basidiomycota) son unha división do reino Fungi que inclúe os fungos que producen basidios con basidiosporas. Contén os clásicos cogomelos e fungos con chapeu.
Características
[editar | editar a fonte]Este filo é o máis evolucionado e o máis coñecido pois comprende numerosos e variados tipos de fungos. Cando son de carácter heterotálico, o micelio primario sofre dicariotización (somatogamia ou espermatización) producindo hifas dicarióticas que corresponden ó micelio secundario. Nos fungos de carácter homotálico unha basidiospora produce o micelio dicariótico. Hai presenza de quitina nas paredes celulares, e aparecen unhas estruturas chamadas fíbulas, moi parecidas ós uncínulos dos ascomicetos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]
Os basidiomicetos clasifícanse en tres subfilos con diferentes clases:
- Subfilo Agaricomycotina
- Clase Agaricomycetes
- Clase Dacrymycetes
- Clase Tremellomycetes
- Subfilo Ustilagomycotina
- Clase Ustilaginomycetes
- Clase Exobasidiomycetes
- Subfilo Pucciniomycotina
- Orde Pucciniales
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Basidiomicetos |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basidiomicetos |