Moucide, O Valadouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°34′39.0″N 7°23′31.5″O / 43.577500, -7.392083

Moucide
ConcelloO Valadouro
Poboación204 hab. (2011)
Entidades de poboación16

Santo Estevo de Moucide é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central. En 2011, segundo o IGE, tiña 204 habitantes (104 homes e 100 mulleres).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vizosa grazas ás augas do río Moucide, que desemboca na parroquia de Cordido en Foz, e é afluente do río das Fontes de Moucide. Cerca do Monte da Mina hai unha pequena fervenza que é famosa na parroquia, e un pozo artificial, creado por se houbese algún incendio.

Predomina o eucalipto e é salientable a presenza de fauna tradicional dos bosques lugueses como o corzo, o raposo, o xabaril e o azor.

Historia[editar | editar a fonte]

Ata mediados do século XIX a parroquia de Moucide estaba integrada no concello de Foz, do que se segregou entre 1858 e 1860 para unirse ao entón chamado Tierra Llana del Valle de Oro, hoxe O Valadouro.

A estrutura da paisaxe urbanizada é a habitual dos lugares galegos, coa igrexa dominando. A escola, que se fixo cos cartos dos valdourenses na Habana, xunto coa explotación mineira en que se extraía caolín, hoxe abandonada, no Monte da Mina, achegan trazos da realidade económica que o lugar viviu outrora.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santo Estevo de Moucide ten un retablo maior barroco, no que está presente unha Santa Lucía datada no século XIV. O retablo dereito e a cruz procesional son do século XVI.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Moucide[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Moucide no concello do Valadouro (Lugo)

Barbeita | A Barreira | O Campón | A Casanova | A Granda | Güín | A Igrexa | Lourido | Muxilán | O Outeiro | O Pé de Arosa | A Pena | A Ponte | A Rubial | A Teixoeira | Vilares

Parroquias do Valadouro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Valadouro

Budián (Santa Eulalia) | O Cadramón (San Xurxo) | Ferreira (Santa María) | Frexulfe (Santa Eulalia) | A Laxe (San Xoán) | Moucide (Santo Estevo) | Recaré (San Xiao) | San Tomé de Recaré (San Tomé) | Santa Cruz do Valadouro (Santa Cruz) | Vilacampa (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]