Conversa:Moucide, O Valadouro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • A edición do usuario Saltamontes engade información, e pode ser que toda ela sexa veraz, mais a redacción non é obxectiva; e que conste que non coñezo para nada nin a antiga asociación nin a nova. --Xoán Carlos Fraga 18:54, 6 setembro 2007 (UTC)
    • É un caso de eliminación rápida, pois non ten carácter enciclopédico. --Xosé (✉) 19:09, 6 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo É máis ben unha crónica de feitos dunha comunidade desde unha óptica subxectiva, coincido en que no meu entender non ten valor enciclopédico, quizais si se realiza o borrado non estaría de máis comentarllo ao editor. Lansbricae (Ti dirás) 21:19, 6 setembro 2007 (UTC)
  • Xa lle deixei ao editor unha nota para que modifique o texto a unha forma máis obxectiva, e fixeno hoxe mesmo. Intúo que non vai contestar porque foi a única edición que fixo, e non parece moi afortunada a súa maneira de redacción. --Xoán Carlos Fraga 21:55, 6 setembro 2007 (UTC)
  • Desculpa, tes razón, non me dera conta. Logo entón esperar un ou dous días ou borrar directamente?, eu creo que borrar directamente e logo sempre pode reverter a edición e mellorar a redación. Lansbricae (Ti dirás) 22:05, 6 setembro 2007 (UTC)
  • Eu borraríao xa e quedaría no historial a súa edición por se o editor quixese poñelo obxectivamente. Xosé deu no cravo, eliminación rápida. --Xoán Carlos Fraga 22:12, 6 setembro 2007 (UTC).

Pois veña logo, non falemos mais, borrado e listo. Lansbricae (Ti dirás) 22:17, 6 setembro 2007 (UTC)