San Tomé de Recaré, O Valadouro
Aparencia
| San Tomé de Recaré | |
|---|---|
Igrexa parroquial de San Tomé de Recaré | |
| Concello | O Valadouro[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°32′08″N 7°28′23″O / 43.53544444, -7.47294444 |
| Poboación | 34 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 17[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Tomé de Recaré é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 34 habitantes (12 homes e 22 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2007, cando tiña 59 habitantes.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- O Prado das Chantas, un círculo de pedras situado no Chao da Veiga-Pena Teixeira.
- A igrexa de San Tomé de Recaré data de 1852, é de estilo neoclásico.
- Arca do Chao do Padorno ou Dolmen de Santo Tomé, 2200-2100 a.C. Pertencentes ao período Neolítico, dentro do fenómeno do Megalitismo.[3]
- Castro de Recaré.[3]
Festas
[editar | editar a fonte]- Rapa das Bestas de Santo Tomé.[4]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Tomé de Recaré
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Tomé de Recaré no concello do Valadouro (Lugo) | |
|---|---|
|
Alvite | Casal do Rico | As Casas de Baixo | As Casas de Riba | Esqueira | A Estivada | A Fonte de Alvite | As Laranxeiras | A Muxueira | O Navallo | Os Novás | As Pardellas | Pedralba | Pedrouzos | Puñín | O Verdeal | Xurucido |
Parroquias do Valadouro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-28.
- 1 2 "Historia do Valadouro". Consultado o 27/11/2020.
- ↑ "La rapa de Santo Tomé, todo un tirón turístico en O Valadouro". Consultado o 27/11/2020.