Budián, O Valadouro
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Budián.
| Budián | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | O Valadouro[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°33′43″N 7°25′02″O / 43.56183333, -7.41727778 |
| Poboación | 171 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 27[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Eulalia de Budián[2] é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 171 habitantes (78 homes e 93 mulleres), distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2007, cando tiña 273 habitantes[3].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- O Caldeiro do Chao de Currás da Idade de Bronce, achado no Chao de Currás.
- Forno ou casa dos mouros. Pertencente ao Neolítico, concretamente ao Megalitismo.[4]
- A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Budián conserva un retablo neoclásico e unhas lápidas de orixe tardogótico (século XIV).
- Castro de Budián.[4]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Budián
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Budián no concello do Valadouro (Lugo) | |
|---|---|
|
A Amarela | A Arnela | Budián de Redeiro | O Calvario | Casal de Diego | Os Casás | Centeás | Corveira | Coto da Rega | Escourido | Freitemunde | A Granda | Lobeira | O Machuco | Pena Redonda | Pereiros | O Porto da Vaca | Pradia | O Reguengo | O Requeixo | O Retorno | San Cristovo | A Sara | A Telleira | Trasisto | O Vedreiro | Vilacemil |
Parroquias do Valadouro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Busca directa - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2025-09-28.
- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-28.
- ↑ 4,0 4,1 "Historia do Valadouro". Consultado o 27/11/2020.