A Laxe, O Valadouro
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Laxe.
| A Laxe | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | O Valadouro[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°33′27″N 7°26′14″O / 43.55741667, -7.43725 |
| Poboación | 204 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 14[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 204 habitantes (97 homes e 107 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 254 habitantes[2].
Historia
[editar | editar a fonte]A vila de Ferreira, capitalidade do concello, pertenceu a esta parroquia ata que se constituíu na actual parroquia de Santa María de Ferreira.
Nesta parroquia naceu o cura e poeta Celestino Cabarcos Suárez.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Restos da cultura castrexa no Monte dos Castros.
- A igrexa parroquial de San Xoán da Laxe é barroca, do século XVIII. Ten tres retablos neoclásicos. Posúe unha cruz procesional de prata barroca.
- A Casa das Carballesas (no lugar das Penas da Laxe) datada en 1737.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Laxe
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia da Laxe no concello do Valadouro (Lugo) | |
|---|---|
|
Augarrío | As Cabras Figas | A Casela | A Granda | Mansián | O Pazo | A Pedreira | As Penas da Laxe | A Portela | A Rexedoira | A Ribadela | Tanín | Tras dos Ríos | Zaragoza Non aparecen no Nomenclátor de 2003: Senra |