Monica Seles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monica Seles
Nacemento2 de decembro de 1973
Lugar de nacementoNovi Sad
NacionalidadeEstados Unidos de América, República Federal Socialista de Iugoslavia, República Federal de Iugoslavia e Hungría
EtniaMaxiar
Ocupacióntenista
CónxuxeTom Golisano
PremiosInternational Tennis Hall of Fame, Best Female Tennis Player ESPY Award, Best Female Athlete ESPY Award, Sarah Palfrey Danzig Award, Associated Press Athlete of the Year e Associated Press Athlete of the Year
Na rede
IMDB: nm1648417 Twitter: MonicaSeles10s Instagram: monicaseles10s Olympic.org: monica-seles Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Monica Seles (en húngaro: Szeles Mónika, |ˈsɛlɛʃ ˈmoːnikɒ|; en serbio: Моника Селеш, Monika Seleš), nada en Novi Sad o 2 de decembro de 1973 é unha ex xogadora de tenis, que representou a Iugoslavia e aos Estados Unidos de América. Etnicamente húngara, nacionalizouse estadounidense en 1994 e tamén recibiu a cidadanía húngara en xuño de 2007.[1][2] Foi número un da WTA e gañou oito títulos individuais de Grand Slam, oitos deles como adolescente representando a Iugoslavia, e o último representando aos Estados Unidos.

En 1990, Seles converteuse na campioa máis nova de Roland Garros con dezaseis anos. Gañou oito títulos individuais de Grand Slam antes de cumprir vinte anos e foi número un do mundo en 1991 e 1992. Non obstante, o 30 de abril de 1993 foi vítima dun ataque na pista, cando un home a apuñalou nas costas cun coitelo de 23 cm de longo. Seles non volveu ao tenis ata dous anos despois.[3] Aínda que gozou de certo éxito na volta en 1995, incluíndo un cuarto título de Australia en 1996, non puido recuperar a súa mellor forma. Xogou o seu último partido como profesional en Roland Garros en 2003, aínda que non se retirou ata febreiro de 2008.

Considerada como unha das mellores tenistas da historia, Seles foi nomeada unha das "30 lendas do tenis feminino: Pasado, presente e futuro" pola revista Time.[4] Algúns xogadores e historiadores afirman que Seles tiña o potencial para converterse na máis completa xogadora de todos os tempos se non fose apuñalada.[5][6][7] Foi incluída no International Tennis Hall of Fame en 2009.

Vida privada[editar | editar a fonte]

O 21 de abril de 2009, Seles publicou as súas memorias tituladas Getting A Grip: On My Body, My Mind, My Self que relata a súa loita coa depresión e o trastorno de alimentación compulsiva (BED) despois do ataque sufrido, o cancro do seu pai e a súa morte, a súa volta ao tenis e a vida posterior ao deporte.[8] En 2015, Seles converteuse en voceira de Shire Pharmaceuticals, creadores do primeiro medicamento aprobado pola Food and Drug Administration para tratar o BED, para aumentar o coñecemento da desorde que ela mesma sufriu dende que era adolescente. Seles inxería cantidades normais durante as comidas e logo devoraba en segredo grandes cantidades de "comida lixo" cando estaba soa.[9]

Seles está casada co empresario Tom Golisano,[10] 32 anos máis vello ca ela. Comezaron a saír en 2009[11][12] e anunciaron o seu compromiso o 5 de xuño de 2014.[13]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Finais de Grand Slam[editar | editar a fonte]

Resultado Ano Torneo Superficie Opoñente Resultado
Gañou 1990 Torneo de Roland Garros Terra Alemaña Steffi Graf 7–6(8–6), 6–4
Gañou 1991 Aberto de Australia Pista dura Checoslovaquia Jana Novotná 5–7, 6–3, 6–1
Gañou 1991 Torneo de Roland Garros (2) Terra España Arantxa Sánchez Vicario 6–3, 6–4
Gañou 1991 Aberto dos Estados Unidos Pista dura Martina Navratilova 7–6(7–1), 6–1
Gañou 1992 Aberto de Australia (2) Pista dura Mary Joe Fernández 6–2, 6–3
Gañou 1992 Torneo de Roland Garros (3) Terra Alemaña Steffi Graf 6–2, 3–6, 10–8
Perdeu 1992 Campionato de Wimbledon Herba Alemaña Steffi Graf 2–6, 1–6
Gañou 1992 Aberto dos Estados Unidos (2) Pista dura España Arantxa Sánchez Vicario 6–3, 6–3
Gañou 1993 Aberto de Australia (3) Pista dura Alemaña Steffi Graf 4–6, 6–3, 6–2
Perdeu 1995 Aberto dos Estados Unidos Pista dura Alemaña Steffi Graf 6–7(6–8), 6–0, 3–6
Gañou 1996 Aberto de Australia (4) Pista dura Alemaña Anke Huber 6–4, 6–1
Perdeu 1996 Aberto dos Estados Unidos Pista dura Alemaña Steffi Graf 5–7, 4–6
Perdeu 1998 Torneo de Roland Garros Terra España Arantxa Sánchez Vicario 6–7(5–7), 6–0, 2–6

Resultados nos Grand Slam[editar | editar a fonte]

Iugoslavia Estados Unidos de América
Torneo 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 W–L SR
Grand Slam tournaments
Aberto de Australia A A A W W W A A W A A SF A QF SF 2R 4 / 8 43–4
Torneo de Roland Garros A SF W W W A A A QF SF F SF QF A QF 1R 3 / 11 54–8
Campionato de Wimbledon A 4R QF A F A A A 2R 3R QF 3R QF A QF A 0 / 9 30–9
Aberto dos Estados Unidos A 4R 3R W W A A F F QF QF QF QF 4R QF A 2 / 12 54–10
Gañados–Perdidos 0–0 11–3 13–2 21–0 27–1 7–0 0–0 6–1 17–3 11–3 14–3 16–4 12–3 7–2 17–4 1–2 9 / 40 181–31

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grossly Abbreviated". Canadian Online Explorer. 1 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2012. Consultado o 15 de xuño de 2008. 
  2. "Titokban lett magyar állampolgár Szeles Mónika (Szeles Mónika has become a Hungarian citizen in secret)". Heti Világgazdaság (en húngaro). 7 de xuño de 2007. Consultado o 9 de maio de 2008. 
  3. "1993: Tennis star stabbed". On This Day 30 April 1993 (BBC). 30 de abril de 1993. Consultado o 17 de xullo de 2011. 
  4. Adams, William Lee (22 de xuño de 2011). "30 Legends of Women's Tennis: Past, Present and Future – Monica Seles". TIME. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 19 de agosto de 2011. 
  5. Adams, Tim (4 de xullo de 2009). "Interview: Monica Seles". theguardian.com. Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  6. Cronin, Matt (1 de maio de 2013). "Navratilova: Seles would have won most Slams". tennis.com. Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  7. Scott, Jonathan (30 de abril de 2012). "20 Years Later: Remembering Monica Seles' Stabbing". Tennis.com. Consultado o 27 de maio de 2017. 
  8. "Monica Seles On 'Getting A Grip' After Tragedy". NPR.org (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  9. Casey, Tim (11 de marzo de 2015). "Monica Seles sheds light on binge eating disorder". USA Today (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  10. "Former Sabres owner Thomas Golisano sues over yacht renovations". ESPN.com (Rochester, Nova York). Associated Press. 17 de novembro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  11. Wilson, Greg. "Monica Seles Courting Billionaire, 67". NBC New York. Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  12. Abelson, Max (20 de decembro de 2011). "Bankers Seek to Debunk ‘Imbecile’ Attack on Top 1%". Business Week (Bloomberg) – vía europac.com. 
  13. Benny, Michael (6 de xuño de 2014). "Upstate Billionaire Tom Golisano reveals engagement to tennis star Monica Seles". CNYCentral.com. WSTM. Consultado o 30 de xaneiro de 2017-01-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]