Mary Joe Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary Joe Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
República Dominicana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Altura176 cm Editar o valor em Wikidata
Peso63 kg Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1986–2000), comentarista deportiva Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata - 2000 Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado5.258.471 $ Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro  e two-handed backhand (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AdestradorHarold Solomon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 437–203 Editar o valor em Wikidata  7 Editar o valor em Wikidata 4 (1990)
Tenis dobres 344–141 Editar o valor em Wikidata 17 Editar o valor em Wikidata 4 (1991)
WTA Info WTA Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1991- Estados Unidos na Fed Cup (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996tennis at the 1996 Summer Olympics – women's doubles (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1992tennis at the 1992 Summer Olympics – women's doubles (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1992tennis at the 1992 Summer Olympics – women's singles (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaDavid Wheaton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosNicholas Godsick (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

María José Fernández Godsick, chamada Mary Joe, nada en Santo Domingo o 19 de agosto de 1971, é unha tenista profesional retirada estadounidense de ascendencia cubana e española. Foi finalista en tres torneos individuais do Grand Slam, e gañou dous torneos de dobres do Grand Slam e dúas medallas de ouro olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernández naceu na República Dominicana, onde emigraran os seus pais. O seu pai José é de Asturias e a súa nai Silvia Pino é de Cuba.[1] Completou a educación secundaria na Carrollton School of the Sacred Heart de Miami.[2]

Mary Joe Fernández chamou por primeira vez a atención no mundo do tenis pola súa sensacional carreira como xogadora júnior, logrando gañar catro veces consecutivas o título júnior Orange Bowl. En 1985, á idade de 14 anos e 8 días, Fernández converteuse na xogadora máis nova que gañou un partido no cadro principal do US Open, ao derrotar a Sara Gomer na primeira rolda 6-1, 6-4.

Fernández fixo a súa entrada no circuíto profesional en 1986. Gañou o seu primeiro título de dobres en 1989 en Dallas, facendo parella con Betsy Nagelsen. O seu primeiro título profesional individual no circuíto conseguiuno en 1990 no torneo de Toquio Indoor.

En 1990 chegou á súa primeira final individual do Grand Slam no Aberto de Australia, en que foi derrotada cun marcador de 6-3, 6-4 pola tenista alemá Steffi Graf. Terminou 1990 na 4.ª praza da clasificación mundial, a súa posición máis alta ao longo da súa carreira.

En 1991, formando parella con Patty Fendick, conseguiu o título de dobres femininos no Aberto de Australia.

Volveu alcanzar a final do Aberto de Australia en 1992. Nesa ocasión perdeu ante Monica Seles por 6-2, 6-3.

Fernández foi elixida para representar aos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona. Gañou a medalla de ouro en dobres femininos, formando parella con Gigi Fernández, e a medalla de bronce individual.

Nos cuartos de final de Roland Garros de 1993, Fernández protagonizou unha dramática remontada ante Sabatini, despois de que Sabatini dominase por un marcador de 6-1, 5-1. Fernández salvou cinco pelotas de partido no encontro, que durou 3 horas e 36 minutos e que Fernández finalmente gañou 1-6, 7-6(7-4), 10-8. Posteriormente derrotou a Arantxa Sánchez Vicario 6-2, 6-2 en semifinais para alcanzar a súa terceira e última final individual do Grand Slam. Nun apertado partido contra Steffi Graff, Mary Joe finalmente foi derrotada por 4-6, 6-2, 6-4.

Fernández gañou o seu segundo título do Grand Slam en dobres en 1996 en Roland Garros, facendo parella con Lindsay Davenport. A parella tamén se fixo co título de dobres no Masters Feminino da WTA ese mesmo ano.

Fernández substituíu a última hora a Chanda Rubin no equipo estadounidense dos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta. Gañou a súa segunda medalla de ouro consecutiva en dobres femininos, novamente facendo parella con Gigi Fernández. Tamén participou na competición individual grazas a unha ausencia e alcanzou as semifinais, onde foi derrotada no partido pola medalla de bronce pola tenista checa Jana Novotná. Posteriormente ese mesmo ano, Fernández formou parte do equipo estadounidense que gañou a Copa Federación.

Mary Joe Fernández gañou o seu último título individual en 1997 en Berlín. O seu último título de dobres tamén o conseguiu ese mesmo ano en Madrid. Retirouse da competición no ano 2000.

Tras retirarse do circuíto profesional, Fernández traballou como comentarista de tenis para ESPN e colaborou con CBS Sports como analista no US Open de 2005.

Grand Slam[editar | editar a fonte]

Individual (3 finais)[editar | editar a fonte]

Resultado Ano Campionato Superficie Adversaria Marcador
Finalista 1990 Aberto de Australia Dura República Federal Alemá Steffi Graf 3–6, 4–6
Finalista 1992 Aberto de Australia Dura Iugoslavia Monica Seles 2–6, 3–6
Finalista 1993 Roland Garros Terra República Federal Alemá Steffi Graf 6–4, 2–6, 4–6

Dobres (2 títulos, 4 finais)[editar | editar a fonte]

Resultado Ano Campionato Superficie Parella Adversarias Marcador
Finalista 1989 US Open Dura Pam Shriver Australia Hana Mandlíková
Martina Navratilova
7–5, 4–6, 4–6
Finalista 1990 Aberto de Australia Dura Patty Fendick Checoslovaquia Jana Novotná
Checoslovaquia Helena Suková
6–7(5–7), 6–7(6–8)
Campioa 1991 Aberto de Australia Dura Patty Fendick Gigi Fernández
Checoslovaquia Jana Novotná
7–6(7–4), 6–1
Finalista 1992 Aberto de Australia Dura Zina Garrison España Arantxa Sánchez Vicario
Checoslovaquia Helena Suková
4–6, 6–7(4–7)
Finalista 1996 Aberto de Australia Dura Lindsay Davenport Chanda Rubin
España Arantxa Sánchez Vicario
5–7, 6–2, 4–6
Campioa 1996 Roland Garros Terra Lindsay Davenport Gigi Fernández
Belarús Natasha Zvereva
6–2, 6–1
Finalista 1997 Roland Garros Terra Lisa Raymond Gigi Fernández
Belarús Natasha Zvereva
2–6, 3–6

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Individual (1 broce)[editar | editar a fonte]

Resultado Ano Lugar Superficie Adversaria Marcador
Bronce 1992 Barcelona Terra - non houbo

Mary Joe Fernández perdeu nas semifinais contra Steffi Graf 6–4, 6–2. En 1992, non se disputou un partido para o 3.° posto.

Dobres (2 ouros)[editar | editar a fonte]

Resultado Ano Lugar Superficie Parella Adversarias Marcador
Ouro 1992 Barcelona Terra Gigi Fernández España Conchita Martínez
España España Arantxa Sánchez Vicario
7–5, 2–6, 6–2
Ouro 1996 Atlanta Dura Gigi Fernández República Checa Jana Novotná
República Checa Helena Suková
7–6(9–7), 6–4

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McDermott, Barry (6 de xaneiro de 1986). "Young Mary Joe Is On The Go". CNN (online). Sports Illustrated. SI Vault. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2011. Consultado o 27 de abril de 2017. 
  2. Murphy, Austin (11 de febreiro de 1991). "The Graduate". Sports Illustrated. p. 76. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]