Saltar ao contido

Chemikal Underground

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Chemikal Underground
 Instancia de
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1994 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF146791548 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02t1gc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: ChemikalUnderground Twitter: chemunderground Youtube: UCqGFjpcT4jySNNm1JWN8OeQ Souncloud: chemikal-underground Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Chemikal Underground é un selo discográfico independente fundado en 1994 en Glasgow pola banda escocesa The Delgados. Creárona para lanzar o seu primeiro sinxelo, "Monica Webster"/"Brand New Car" e deu a coñecer moitos novos grupos escoceses de indie dos anos 90.[1]

Cando a terceira edición de Chemikal Underground foi un éxito, o EP The Secret Vampire Soundtrack de Bis, o selo comezou a expandirse.[1] Ata a data The Secret Vampire Soundtrack é o único traballo publicado por Chemikal Underground en entrar no top 40. Posteriores éxitos do selo serían os álbums de estrea de Mogwai e Arab Strap. Outros artistas que asinaron con Chemikal Underground foron Magoo, Aereogramme, Cha Cha Cohen, Sluts of Trust, Suckle ou The Radar Brothers, e máis recentemente Mother and the Addicts e De Rosa, ademais do membro de Arab Strap Malcolm Middleton co seu traballo en solitario. No ano 2000 lanzaron Fukd ID para publicar edicións limitadas (1.000 CDs e 12") de sinxelos de grupos que non necesariamente pertencían ao selo, como Interpol co seu Fukd ID #3.

  1. 1 2 Daily Record (ed.). "21 years of Chemikal Underground". Consultado o 9 de marzo de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]