Teenage Fanclub é unha banda escocesa de rock alternativo formada en Bellshill en 1989.[1] Os seus membros fundadores foron Norman Blake (voces, guitarra), Raymond McGinley (voces, guitarra) e Gerard Love (voces, baixo), compartindo os labores de composición e as voces principais ata a marcha de Love en 2018. En 2023 a banda estaba formada por Blake, McGinley, Francis Macdonald (batería, voz), Dave McGowan (baixo, voz) e Euros Childs (teclados, voz).[2]
Nos concertos, a banda adoita alternar entre os seus compositores, dando o mesmo tempo de interpretación ás cancións de cada un. Aínda que adoita a ser catalogado como un grupo de rock alternativo, Teenage Fanclub ten incorporado unha ampla variedade de elementos de varios estilos musicais nas súas cancións.[1]
Ata a data a banda leva publicados doce álbums de estudio e dous álbums recompilatorios.