All Tomorrow's Parties (comunmente coñecido como ATP) foi unha organización baseada en Londres que promoveu festivais, concertos e gravacións por todo o mundo durante máis de dez anos. Fundouna en 2001 Barry Hogan para preparar o primeiro All Tomorrow's Parties Festival que tivo lugar nas colonias de vacacións de Camber Sands, East Sussex, cun cartel comisariado por Mogwai.
Chamado así pola canción "All Tomorrow's Parties" de The Velvet Underground, foi creado como unha alternativa máis íntima a festivais máis grandes e máis corporativos como os de Reading ou Glastonbury,[1] e cunha tendencia cara ao post-rock, a música de vangarda e o hip hop máis underground, xunto co rock máis tradicional, pero presentado nun ambiente máis íntimo que un grande estadio ou un enorme campo. All Tomorrow's Parties foi inicialmente un festival sen patrocinadores, onde os organizadores e artistas estaban nas mesmas instalacións que os asistentes.[2] Outra diferenza importante é que os artistas eran escollidos por significativas bandas ou artistas, resultando en eventos pouco ortodoxos combinando normalmente actuacións de todos os tamaños, épocas e xéneros.