Loveless

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loveless
Álbum de My Bloody Valentine
Publicado: 4 de novembro de 1991
Datas de gravación: 1989 - 1991
Estudio(s) de gravación:
Duración: 48:36
Xénero: shoegazing
Selo(s): Creation Records
Producido por: Kevin Shields, Colm Ó Cíosóig
Cronoloxía
Glider Loveless EP's 1988–1991

Loveless é o segundo álbum da banda de rock alternativo My Bloody Valentine, editado o 4 de novembro de 1991 a través do selo Creation Records. Loveless foi gravado durante un período de dous anos, entre 1989 e 1991, en 19 estudios de gravación. O vocalista e guitarrista Kevin Shields dominou o proceso de gravación e tratou de lograr un son particular para o disco, facendo uso de varias técnicas. Un gran número de técnicos de son foron contratados e despedidos durante o proceso de gravación, aínda que a banda finalmente acreditou no libreto a todos os que estiveron presente nas gravacións, "incluso se unicamente foron facer té", segundo Shields.

A relación de My Bloody Valentine con Creation Records deteriorouse durante todo ese tempo, e a banda foi retirada da discográfica despois da súa edición debido ao difícil e caro que era traballar con Shields. Loveless non foi un gran éxito comercial, pero foi moi ben recibido pola crítica, sendo considerado na actualidade un hito no shoegazing. O disco foi citado por moitos artistas como unha importante influencia e para moitos críticos trátase dun dos mellores álbums dos anos 90.

En novembro do 2003 a publicación Pitchfork Media elexíuno o segundo mellor álbum da década na súa lista dos 100 mellores discos dos 90[1], e no mes de outubro de 2016 elexíuno mellor álbum de shoegaze de todos os tempos.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Kevin Shields, agás onde se indique. 

N.º Título Escritor(es) Duración
1. "Only Shallow"   Bilinda Butcher, Shields 4:17
2. "Loomer"   Butcher, Shields 2:38
3. "Touched"   Colm Ó Cíosóig 0:56
4. "To Here Knows When"   Butcher, Shields 5:31
5. "When You Sleep"     4:11
6. "I Only Said"     5:34
7. "Come In Alone"     3:58
8. "Sometimes"     5:19
9. "Blown a Wish"   Butcher, Shields 3:36
10. "What You Want"     5:33
11. "Soon"     6:58

Notas[editar | editar a fonte]