Moedas de euro de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As moedas de euro de Alemaña teñen tres deseños diferentes: unha para cada serie de moedas. As de 1, 2 e 5 céntimos foron deseñadas por Rolf Lederbogen, o deseño das moedas de 10, 20 e 50 céntimos son de Reinhard Heinsdorff e, por último, as moedas de 1 e 2 euros foron feitas por Heinz Hoyer e Sneschana Russewa-Hoyer. Todos os deseños teñen en común as doce estrelas da UE.

Foron acuñadas a partir de 2002. Cada moeda alemá realza un lugar, existindo 5 acuñacións distintas por ano que tan só se diferencian nunha letra que aparece cerca da do ano. Esta letra indica o lugar de acuñación:

  • A: Staatliche Münze Berlin de Berlín
  • D: Bayerisches Hauptmünzamt de Múnic
  • F: Staatliche Münzen Baden-Württemberg Prägestätte Stuttgart de Stuttgart
  • G: Staatliche Münzen Baden-Württemberg Prägestätte Karlsruhe de Karlsruhe
  • J: Hamburgische Münze de Hamburgo

Cabe destacar que as casas de acuñación que levaban as letras "B", "C", "E" e "H" fecharon. Estas letras correspondían as seguintes cidades:

Futuros cambios[editar | editar a fonte]

No 2005 a Comisión deu unha Recomendación onde indicaba que as caras propias de cada estado das moedas de euro tiñan que levar unha indicación do estado emisor, consistente no nome de dito Estado membro ou nunha abreviatura do mesmo. O deseño tampouco fará indicación da denominación da moeda, a menos que sexa polo emprego dun alfabeto diferente.[1]

Isto requiren que cinco dos Estados membros da Eurozona (Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia e Grecia) cambien os deseños das súas caras. Finlandia foi o primeiro país en facelo, no 2007, seguido por Bélxica no 2008. Alemaña, pola súa parte, non mudou o seu deseño actual de momento.

Moedas conmemorativas de 2 euros[editar | editar a fonte]

Alemaña empezou no 2006 unha serie de 16 moedas conmemorativas sobre os Länder, que debería continuarse até 2021.

Moedas conmemorativas de 2 euros de Alemaña
2006
Presidencia de Schleswig-Holstein no Bundesrat

A parte interna da moeda representa a Holstentor, porta emblemática da cidade de Lübeck. Na parte inferior, baixo a porta, aparecen as palabras SCHLESWIG-HOLSTEIN. Na dereita figuran as iniciais do gravador Heinz Hoyer. A marca de ceca A, D, F, G ou J aparece no lado esquerdo. Na parte superior do anel externo hai doce estrelas formando un semicírculo, interrompido polo ano 2006 na cima. As verbas BUNDESREPUBLIK DEUTSCHLAND (“REPÚBLICA FEDERAL DE ALEMAÑA”) forman un semicírculo na parte inferior do anel exterior.

2007
Presidencia de Mecklemburgo-Pomerania Occidental no Bundesrat; Conmemoración do castelo de Schwerin

Sobre toda a superficie da parte interior aparece o castelo e, debaixo, a inscrición MECKLENBURG-VORPOMMERN (“MECKLEMBURGO-ANTEPOMERANIA”). Debaixo desta, a marca do gravador e a marca de ceca. O anel exterior é idéntico ao da moeda anterior, cambiando o ano.

50 aniversario do Tratado de Roma

O centro da moeda representa o tratado asinado polos seis estados fundadores e, detrás, un deseño inspirado no pavimento da Praza do Campidoglio de Roma, de Miguelanxo, onde o tratado foi asinado o 25 de marzo de 1957. A palabra “Europa” figura debaixo do libro. Sobre el aparecen as palabras RÖMISCHE VERTRÄGE 50 JAHRE (“TRATADO DE ROMA 50 ANOS”). O ano e o nome BUNDESREPUBLIK DEUTSCHLAND (“REPÚBLICA FEDERAL DE ALEMAÑA”) aparecen debaixo do debuxo, xunto coa marca de ceca. As doce estrelas da bandeira europea rodean o deseño no anel exterior da moeda.

2008
Presidencia de Hamburgo no Bundesrat; Conmemoración da igrexa de San Miguel

A parte interna da moeda representa a igrexa de San Miguel (en alemán St. Michaeliskirche). Na parte inferior aparece a palabra HAMBURG (“HAMBURGO”). As iniciais do deseñador Erich Ott, Œ, aparecen na dereita. Na parte superior dereita figura a marca de ceca A, D, F, G ou J. Doce estrelas forman un semicírculo sobre a parte superior do anel externo, interrompido polo ano 2008 na cima. As verbas BUNDESREPUBLIK DEUTSCHLAND (“REPÚBLICA FEDERAL DE ALEMAÑA”) forman un semicírculo na parte inferior do anel exterior.

2009
Presidencia de Sarre no Bundesrat; Conmemoración da Ludwigskirche (Sarre)

A parte interna da moeda representa a Ludwigskirche, unha igrexa protestante barroca. Na parte inferior aparece a palabra SAARLAND (“SARRE”). As iniciais do deseñador aparecen na parte superior dereita. Baixo o nome do Land figura a marca de ceca A, D, F, G ou J. Doce estrelas forman un semicírculo sobre a parte superior do anel externo, interrompido polo ano 2009 na cima. As palabras BUNDESREPUBLIK DEUTSCHLAND (“REPÚBLICA FEDERAL DE ALEMAÑA”) forman un semicírculo na parte inferior do anel exterior.

10 aniversario da Unión Económica e Monetaria

O centro da moeda mostra unha figura humana estilizada cun brazo esquerdo prolongado co símbolo do euro. Baixo este símbolo aparecen as iniciais do deseñador, ΓΣ (de Γεώργιος Σταματόπουλος, Geórgios Stamatópoulos). Á dereita, aparece a marca de ceca A, D, F, G ou J. As lendas son, sobre o deseño, BUNDESREPUBLIK DEUTSCHLAND (“REPÚBLICA FEDERAL DE ALEMAÑA”); e baixo o deseño, WWU 1999-2009 (do alemán Wirtschafts- und WährungsUnion, “Unión Económica e Monetaria”). No anel externo aparecen as doce estrelas da Unión.

2010
Presidencia de Bremen no Bundesrat

A moeda mostra o Casa do Concello de Bremen, coa estatua de Rolando en primeiro plano. Baixo o concello, á dereita, aparece a palabra BREMEN. A marca de ceca A, D, F, G ou J aparece na zona superior esquerda. Na parte inferior aparecen as iniciais do artista Bodo Broschat, BB. No anel exterior podemos observar a abreviatura do país emisor (D por Deutschland, «Alemaña») e o ano de emisión 2010 nas partes superior e inferior respectivamente, así como as doce estrelas da Unión.

2011
Presidencia de Renania do Norte-Westfalia no Bundesrat
2012
Presidencia de Baviera no Bundesrat
Euro-Bargeld
2013

Notas[editar | editar a fonte]