Rolf Lederbogen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRolf Lederbogen
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1928 Editar o valor em Wikidata
Hann. Münden, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 2012 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Heidelberg, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónKunsthochschule Kassel (en) Traducir (1947–1952) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Karlsruhe (1960–)
Colonia (1952–)
Ettlingen Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , deseñador de selos , profesor universitario , deseñador gráfico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Karlsruhe (pt) Traducir (1960–1993) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Rolf Lederbogen, nado en Hann. Münden, Baixa Saxonia, o 17 de marzo de 1928, e finado en Heidelberg o 4 de xuño de 2012, foi un deseñador e arquitecto alemán, coñecido por ser o creador dos anversos nacionais das moedas de 1, de 2 e de 5 céntimos de euro alemás.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estrutura escultórica de Rolf Lederbogen no Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe.

Formación e carreira académica

Logo de concluír o seu ensino secundario, Lederbogen cursou estudos superiores artísticos na Escola de Belas Artes de Kassel entre 1947 e 1952, con profesores como Heinrich Lauterbach, Hans Leistikow, Hermann Mattern e Ernst Röttger.[2]

A partir da súa graduación en 1952 traballou como deseñador gráfico e arquitecto independente en Colonia.[2]

No ámbito académico, en 1956, Lederbogenen comezou a exercer a docencia da materia de Fundamentos da Arquitectura no Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe, a partir de 1960 como profesor titular.[1] De 1974 a 1975 foi profesor invitado na Universidade de Dortmund e en 1991 foi profesor visitante na Universidade de Coímbra. Logo do seu retiro en 1993[1] foi nomeado profesor emérito.[2]

Obra artística[editar | editar a fonte]

Aínda que os seus deseños de selos postais e dos anversos nacionais das moedas divisionarias alemás do euro (de 1, 2 e 5 céntimos)[3] acadaron unha maior difuisión e un gran recoñecemento,[4][5] Lederbogen traballou tamén como deseñador de interiores e de exposicións, e participou en varios proxectos de construción en Alemaña. Igualmente, como fotógrafo realizou exposicións en Alemaña e en Portugal e publicou varios libros. O seu extenso arquivo atópase no Arquivo de Arquitectura e Enxeñaría Civil do Suroeste de Alemaña.[2]

Desde 1953, Rolf Lederbogenen foi membro da Asociación de Deseñadores Gráficos Alemáns.[2]

Escolma de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Rolf Lederbogen (1928-2012)". saai.kit.edu (en alemán). 8 de marzo de 2021. Consultado o 7 de abril de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Rolf Lederbogen (1928-2012)". Archiv für Architektur und Ingenieurbau. Karlsruher Institut für Technologie.
  3. "Der Karlsruher 'Cent-Macher'". En Ka-news.de. 21 de novembro de 2001.
  4. Selos postais deseñados por Lederbogen. Colnect.com
  5. Moedas deseñadas por Lederbogen. Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]