Heinz Hoyer
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de xuño de 1949 Elxleben |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Berlín |
| Ocupación | medallista, gravador, escultor |
| Familia | |
| Cónxuxe | Sneschana Russewa-Hoyer (1976–) |
| Fillos | Alina Hoyer |
Heinz Hoyer, nado en Elxleben, provincia de Dobrich, o 10 de xaneiro de 1953, é un escultor, deseñador e gravador de medallas, moedas alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Heinz Hoyer cursou estudos superiores de Escultura na Academia de Arte Weißensee de Berlín, entre 1970 e 1975.[1][2] Alí coñeceu a artista búlgara Sneschana Russewa, estudante de Deseño Gráfico, con quen casou 1976.
A partir de 1977, Hoyer traballou como artista independente entre Bulgaria e Berlín, e en 1980 a parella instalouse definitivamente na República Democrática Alemá, onde Heinz comezou a traballar como deseñador de selos e moedas, ás veces en común coa súa muller e noutras ocasións de xeito independente. A partir de 1983, Heinz Hoyer comezou a impartir docencia na Academia Weißensee.[1][2]
Entre 1983 e 1990, Heinz Hoyer deseñou 13 moedas conmemorativas da RDA, 12 delas xunto a súa muller Sneschana. Logo da reunificación alemá, Hoyer continuou a encargarse do deseño dalgunhas moedas conemmorativas da nova Alemaña unificada e, logomda creación da Eurozona, o matrimonio Hoyer foi elixido tamén polo Bundesbank para deseñar o anverso nacional das moedas alemás do euro con valores de un e de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002. Igualmente, de xeito individual, Heinze Hoyer encargouse do deseño dunha boa cantidade de moedas conmemorativas do sistema do euro.[1][3]
Escolma de obras
[editar | editar a fonte]Selos
[editar | editar a fonte]Moedas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Steguweit, W. (2014).
- 1 2 "Heinz Hoyer". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst.
- ↑ Serie de moedas deseñadas por Heinz Hoyer. Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heinz Hoyer |