Abilio Calderón Rojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abilio Calderón Rojo
Abilio Calderón, Director General de Obras Públicas.jpg
Nacemento22 de febreiro de 1867
Lugar de nacementoGrijota
Falecemento10 de xullo de 1939
Lugar de falecementoPalencia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Madrid
Ocupaciónpolítico, avogado e propietario
editar datos en Wikidata ]

Abilio Calderón Rojo, nado en Grijota o 22 de febreiro de 1867 e finado en Palencia o 10 de xullo de 1939, foi un avogado e político español. Foi ministro de Fomento e ministro de Traballo, Comercio e Industria durante o reinado de Afonso XIII. É bisavó do expresidente do Real Madrid e empresario Ramón Calderón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro do Partido Conservador, iniciou a súa carreira política como deputado no Congreso ao obter un escano nas eleccións de 1898 en representación de Palencia, escano que volvería obter en todos os procesos electorais celebrados até 1923 e, tras a ditadura de Primo de Rivera, nas tres eleccións celebradas durante a II República Española formando parte, na primeira delas, da facción política denominada castellanista agraria independente (o único que figura no arquivo do Congreso dos Deputados con tal adscrición). Ocupou o cargo de director xeral de Administración Local e de Obras Públicas.

Foi nomeado ministro de Fomento entre o 20 de xullo e o 12 de decembro de 1919 no goberno que presidiu Sánchez de Toca e ministro de Traballo, Comercio e Industria entre o 8 de marzo e o 7 de decembro de 1922 no gabinete presidido por Sánchez Guerra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]