Manuel Becerra Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Becerra Fernández
Manuel Becerra Fernández 1932.jpg
retrato en Vida Gallega, 1932.
Nacemento 22 de maio de 1867
  Málaga
Falecemento 10 de maio de 1940
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación político e enxeñeiro
Fillos Víctor Becerra Herráiz
editar datos en Wikidata ]

Manuel Becerra Fernández, nado en Málaga o 22 de maio de 1867 e finado en Madrid o 10 de maio de 1940, foi un enxeñeiro e político español que foi Ministro de Instrución Pública e Belas Artes e Ministro de Xustiza durante a Segunda República Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse como enxeñeiro e Filipinas e en 1904 traballou como enxeñeiro en Melilla, onde contribuíu á mellora das súas infraestruturas. Despois traballou como Conselleiro Inspector de Obras Públicas

Despois da proclamación da República participou nas eleccións de 1931 e 1933 como representante do Partido Republicano Radical obtendo un escano pola circunscrición de Lugo. Nas eleccións de 1936 volvería obter o escano xa como membro do Partido de Centro. Foi membro do goberno en senllos gabinetes presididos por Manuel Portela Valladares a ser designado para ocupar a carteira de Ministro de Instrución Pública e Belas Artes entre o 14 e o 30 de decembro de 1935, data en que pasou a ocupar a carteira de Ministro de Xustiza ata o 19 de febreiro de 1936.


Predecesor:
Luis Bardají López
 Ministro de Instrución Pública e Belas Artes 
1935
Sucesor:
Filiberto Villalobos González
Predecesor:
Alfredo Martínez García
 Ministro de Xustiza 
1935 - 1936
Sucesor:
Antonio Lara y Zárate

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Víctor Manuel Becerra Herráiz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]