Xabier Domínguez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXabier Domínguez Pérez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Vilar de Barrio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalMestre de Educación Musical
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor , editor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoLiteratura infantil e xuvenil
Linguagalego e castelán
Premios
Gañador do III certame de relato curto, Letras Galegas

AELG: 604

Xabier Domínguez Pérez, nado en Vilar de Barrio o 28 de abril de 1984 , é un escritor de literatura infantil e xuvenil, editor e mestre galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a Primaria na súa vila natal de Vilar de Barrio, e pasou a Secundaría no IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, onde comezou a interesarse pola escrita, participando en varios certames de relato curto. Nesta etapa de ensino secundario gañou o III certame de relato curto, Letras Galegas, organizado polo concello de Xinzo de Limia e resultou finalista no concurso de relato curto Entre nós, en galego, na fase provincial en Ourense, organizado pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia.[Cómpre referencia]

Estudou Maxisterio Musical na Universidade de Santiago de Compostela do ano 2004 ao 2007. Dedicouse ao mundo da educación dende o remate da carreira pasando por diferentes colexios de Galicia.

Creou en decembro de 2015, xunto con Abel Costa a organización activista en prol da infancia Meu Rei. Organización que se dedica a colaborar con outras entidades na elaboración de actividades ou iniciativas que repercutan neste grupo social.[Cómpre referencia]

Estreouse no mundo do conto infantil ilustrado co relato A Superavoa de Antón (2017) e La Superabuela de Antón (2017), libros editados tanto en galego coma en castelán (Editorial Meu Rei) dos que é coautor xunto con Alba De Evan Freijedo.

Criado á sombra da Serra de San Mamede, creou xunto coa súa compañeira Alba De Evan a serie de contos con temática medioambiental Naturizo[2] (Linteo) que transcorre na mesma Serra. Dende o 2017, ano da súa publicación, saíron publicados oito títulos distintos dentro da colección: Unha casa para o inverno, Un agasallo para Naturizo, Un perigo inesperado, Un cheiro picante, O retorno das flores, Un fogar para Marmelo, Onde está Lusco? e Lazos de amizade.

No ano 2020, continuando no eido do público infantil, publicou Fronteiras de papel (Antela Editorial), no que trata a problemática á que se enfrontan os migrantes na súa procura dun futuro mellor.

Tamén no ano 2020 foi un dos membros fundadores de Antela Editorial[3], dedicada á literatura infantil e xuvenil, onde tamén exerce o papel de editor.

No mes de maio do ano 2021 editouse a súa primeira novela xuvenil, Maxia de Pedra[4] con Edicións Xerais de Galicia, escrita xunto con Alba De Evan, unha historia na que mestura actualidade e fantasía, con elementos históricos da historia antiga de Galicia coma a cultura castrexa. No mes de outubro do mesmo ano editouse a segunda novela xuvenil, A bruxa Selana con Cumio Edicións, escrita xunto con Alba De Evan e traducida ao castelán.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Literatura infantil e xuvenil[editar | editar a fonte]

Con Alba De Evan Freijedo[editar | editar a fonte]

Con Miguel Ángel Alonso Diz[editar | editar a fonte]

  • O xigante de Allariz. Monchiño de Magarelos (2021). Antela Editorial. 26 páxs. ISBN 978-84-09-32428-6. Ilustracións de Tania Martíns. En verso.[5]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Creadores na reserva (2022). Gálix.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Museo da Limia. "Autores da Limia: Xabier Domínguez Pérez". museodalimia.com. Consultado o 16 de maio de 21. 
  2. Alba De Evan e Xabier Domínguez. "Naturizo - Publicacións". naturizo.es. Ediciones Linteo. Consultado o 16 de maio de 21. 
  3. "Autores: Javier Domínguez Pérez". antelaeditorial.com. Antela Editorial. Consultado o 16 de maio de 21. 
  4. Alba De Evan e Xabier Domínguez. "Maxia de pedra". xerais.gal. Edicións Xerais de Galicia. Consultado o 16 de maio de 21. 
  5. "El «biopoema» de Monchiño de Magarelos". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-11-02. Consultado o 2021-11-02.