Saltar ao contido

Saqqara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSaqqara
(ar) سقارة Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte denecrópole de Menfis Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMarkaz al Badrashayn, Exipto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 29°51′00″N 31°14′00″L / 29.85, 31.2333
Composto por
Características
Altitude39 m Editar o valor en Wikidata
A pirámide de Userkaf en Saqqara.
Pirámide de Zoser.
Pirámide de Zoser.
Pirámide en Saqqara.
Plano de Saqqara.

Saqqara é o lugar da necrópole principal da cidade de Menfis, a uns 17 quilómetros da periferia de Giza, na cidade do Cairo. Estivo en uso dende a Dinastía I (aproximadamente 3100 a.C.) ata época cristián (ano 540).

Situación

[editar | editar a fonte]

A importancia da necrópole débese a gran cantidade de tumbas presentes, mesmo continuamente reutilizadas. Case a totalidade foi saqueada dende tempos antigos. A tumba do monarca máis antigo do que se teñen testemuñas nesta necrópole son os de Narmer aínda que a súa tumba, case con total seguridade, sexa a B17 na necrópole de Umm el Qa´ab, en Abidos moi lonxe de Saqqara.

En Saqqara Imhotep deseñou para o seu faraón Zoser unha tumba cun deseño revolucionario, a pirámide de chanzos de Zoser, primeira na súa especie. Tamén se atopan moitas mastabas de membros da elite do Imperio Antigo, que adoitan dispoñerse en relación coas pirámides dos seus soberanos, dende Zoser ata Pepi II.

Acabado o Reino Antigo, abandonarase Saqqara como lugar principal de enterramento, non sendo ata o Imperio Novo cando volva a ser usado, non polos faraóns (que se enterraban no Val dos Reis) senón polas clases dirixentes.

A partir da Baixa Época entérranse no norte da necrópole un gran número de animais sagrados, sobre todo vacas (nais de Apis) así como babuínos, falcóns e ibis. No norte posiblemente pola relación que ten a zona con Imhotep. Un pouco máis cara ao leste sepulcros de cans e chacais e gatos, chegando ata época grecorromana.

Con posterioridade, xa en época copta, estableceuse o Mosteiro copto de Apa Xeremías e un pequeno asentamento, ao sur da estrada de Unas con materiais reutilizados de construcións máis antigas.

Últimas descubertas

[editar | editar a fonte]

A finais de febreiro de 2007 descubriuse a tumba, feita en ladrillos de barro, do escriba de arquivos de templos Kahai e da súa esposa Spri-Ankh, na necrópole vinculada ó faraón Teti, e que viviron a finais da Dinastía V ou principios da VI (aproximadamente no 2300 a.c.). Nela atopáronse unha serie de estatuíñas en madeira (cinco en total), así como unha porta falsa de madeira e dúas mesas de ofrendas. Destaca a estatua dobre da parella sentada, por non ser habitual que foran feitas en madeira.

Edificacións máis importantes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Menfis

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]