Gizeh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Giza")

Coordenadas: 30°1′N 31°13′L / 30.017, -31.217

Gizeh
الجيزة (en árabe exipcio)
ⲅⲓⲍⲁ (en copto)
Governadorat de Gizeh.png
Al-Ahram Street, Giza district.jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Gizeh en Exipto
Gizeh
Gizeh
País Exipto Exipto
Gobernación Gizeh
Xeografía
Altitude 19 msnm
Superficie 1.579,75 km²
Poboación
Poboación 3 628 062 hab. (2012)
Densidade 2.300 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web Páxina web

Gizeh[1] ou Xizá[2] (en copto: ⲅⲓⲍⲁ, e en árabe exipcio: الجيزة) é unha cidade próxima ao Cairo, no suroeste da cidade, a poucos quilómetros na ribeira do Nilo. É capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah e a terceira maior cidade do Exipto, con 2 443 490 habitantes (2005).

Na actualidade é un importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo, cunha produción diversificada como a maquinaria, a industria química ou o tabaco.

A cidade posúe barrios musulmáns tradicionais así como luxosas urbanizacións ao longo do río e moitas embaixadas estranxeiras e sedes de órganos do goberno. As institucións educativas inclúen a Academia da Lingua Árabe, un Instituto de estudos de oftalmoloxía ou a Universidade do Cairo xa dende 1924.

Nela atópase a Meseta de Giza, na que se sitúa a famosa Necrópole de Gizeh, utilizada durante o Antigo Exipto, principalmente durante o Imperio Antigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gizeh
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canal.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.