Saltar ao contido

Ptah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ptah
 Instancia de
 Parte de
Biografía
 Sexo
Familia
 Cónxuxe
Sekhmet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fillo/a
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Ptah na relixión exipcia era o deus creador do mundo, protector de artistas, artesáns, escultores e construtores, e tiña a súa morada en Menfis, a primeira capital política do Antigo Exipto, uns 24 km ao sur do Cairo.

Adoración e culto na relixión exipcia

[editar | editar a fonte]

Ptah é unha das divindades máis antigas e importantes do panteón exipcio e foi adorado como o deus principal. Segundo o mito, Ptah creou todo, desde os seres humanos até as outras deidades, utilizando o seu corazón e o poder da palabra para materializar o mundo.

Ptah tamén estaba vinculado con aspectos mortuorios, a miúdo representado cunha envoltura branca que alude ás prácticas de momificación.[1]

Foi parte de varias fusións e asociacións divinas que reflicten a adaptabilidade e volubilidade da relixión exipcia, como as tríades con Sekhmet e Nefertum, e as fusións divinas Amon-Rá-Ptah e Ptah-Sokar-Osiris, que ilustran a capacidade de adaptación e integración entre deidades con atributos compartidos, especialmente relacionados coa resurrección e o alén.

Cando Imhotep foi deificado, foi tamén considerado fillo de Ptah.[2]

  1. "O deus Ptah – Museu Egípcio Rosacruz" (en portugués). Consultado o 2024-10-02. 
  2. "Ptah". Infopedia.pt. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.