Saltar ao contido

Delta do Nilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaDelta do Nilo
Imaxe
TipoDelta fluvial Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaExipto Editar o valor en Wikidata
Mapa
 30°54′N 31°07′L / 30.9, 31.12

O delta do Nilo é o territorio conformado polos depósitos aluviais do río Nilo ao desembocar no mar Mediterráneo.

Está ao norte de Exipto e ten forma de letra grega Delta (Δ), de aí o nome dado polos antigos gregos.

É un dos deltas máis grandes do mundo, abarcando aproximadamente desde Alexandría no oeste a Porto Saíd no leste, con 230 km de costa mediterránea, e até a cidade de Cairo polo sur.

É unha rexión fértil, moi apta para a agricultura e moi poboada.

No antigo Exipto estas terras eran denominadas o Baixo Exipto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]