Esfinxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua da Esfinxe.

Na mitoloxía grega, a Esfinxe (Gl-esfinxe.ogg pronunciación ) (en grego antigo Σφίγξ, quizais de σφίγγω, ‘estrangular’) era un monstro feminino ó que se lle outorgaba rostro de muller, peito, patas, e rabo de león, e ademais tiña ás de ave rapina.

Supónse que en certas versións é filla de Equidna (víbora con corpo de muller, pero con rabo de serpe no canto de pernas) e de Ortro (can de varias cabezas); outros fano fillo de Tifón, e outros do rei de Tebas (pai de Edipo).

Hera envía á Esfinxe a Tebas para castigar á cidade polo amor culpable que sentía Laio por Crisipo, fillo de Pélope (críase que foi a primeira relación homosexual). Así a esfinxe guareceuse nas montañas ó oeste de Tebas, e desde alí devoraba a todos os seres humanos que estiveran ó seu pé, atormentando ó país.

Antes de comer ós viaxeiros impoñíalles adiviñas imposibles de resolver, coa condición de que se os respondían correctamente non os devoraría. Ninguén os acertou ata que chegou Edipo. Unha adiviña era: "Que é o que ten catro patas pola mañá, dúas a mediodía e tres pola noite?". A resposta era o home, pois gatea cando é neno, camiña cando é adulto e de vello anda co bastón.

Outra adiviña era: "Eran dúas irmás, unha delas xera á outra, e esta a súa vez xera á primeira". A resposta é o día e a noite. Cando Edipo resolveu a adiviña, a esfinxe suicidouse.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]