Maurice Sendak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maurice Sendak
Nome completoMaurice Bernard Sendak
Nacemento10 de xuño de 1928
Lugar de nacementoBrooklyn e Nova York
Falecemento8 de maio de 2012
Lugar de falecementoDanbury Hospital
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterArt Students League of New York e Lafayette High School
Ocupacióndeseñador gráfico, debuxante de banda deseñada, escritor, ilustrador, artista, pintor, escritor de literatura infantil, guionista e realizador
PaiPhilip Sendak
IrmánsJack Sendak
Coñecido porOnde viven os monstros e In the Night Kitchen
PremiosPremio Memorial Astrid Lindgren, National Medal of Arts, Hans Christian Andersen Award for illustration, Library of Congress Living Legend, Children's Literature Legacy Award, Medalha Caldecott e honorary Royal Designer for Industry
Na rede
http://www.barclayagency.com/sendak.html
IMDB: nm0784124 Allocine: 82988 Allmovie: p110790 IBDB: 93031
Facebook: Maurice-Sendak-320970571289839 Bitraga: 1982 iTunes: 463461 Last fm: Maurice+Sendak Musicbrainz: bc8e1df9-22dc-402c-bcf3-bd0bfa4e7ec7 Discogs: 596366 Allmusic: mn0000392022 WikiTree: Sendak-34 Find a Grave: 89764506 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Maurice Sendak, nado en Brooklyn (Nova York) o 10 de xuño de 1928 e finado en Danbury (Connecticut) o 8 de maio de 2012 foi un escritor e ilustrador de libros para nenos estadounidense. Foi mundialmente coñecido polo libro Onde viven os monstros, publicado en 1963.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Naceu en Brooklyn de pais xudeus polacos emigrados aos Estados Unidos e decidiu facerse ilustrador impulsado pola visión da película Fantasía, de Walt Disney, cando tiña 12 anos. O seu amor pola lectura desenvolveuse moi pronto porque unha enfermidade o mantivo moito tempo na cama, deixándolle a lectura como único entretemento. O seu primeiro traballo foi crear imaxes para os escaparates de FAO Schwarz, unha tenda de bonecos de Nova York. Ao longo dos anos cincuenta ilustrou libros que outros autores escribían, especialmente a serie O osiño, de Else Homelund Minarik, para converterse posteriormente no autor dos seus propios textos.

Obra[editar | editar a fonte]

Maurice Sendak gañou sona como ilustrador trala publicación do libro Where the Wild Things Are (1963), publicado en galego baixo o título Onde viven os monstros. Aínda que a moitos pais os desgustou o aspecto monstruoso dos personaxes[Cómpre referencia], foi un libro adorado polos nenos e nenas de fala inglesa. Sendak semella sentir unha atracción polo lado prohibido e aterrador das fantasías infantís que o converteu no pasado no centro da controversia.

Leva innumerables reedicións ata converterse nun dos clásicos do século XX.

Lista de libros da súa autoría no texto[editar | editar a fonte]

  • Kenny's Window (1956)
  • Very Far Away (1957)
  • The Sign on Rosie's Door (1960)
  • The Nutshell Library (1962)
    • Os caimáns van de paseo (Alligators All Around)
    • Sopa de polo con arroz (Chicken Soup with Rice)
    • O un era Xoán (One Was Johnny)
    • Miguel. Conto exemplar en cinco capítulos e un prólogo (Pierre)
  • Onde viven os monstros (Where the Wild Things Are, 1963)
  • Let's Be Enemies (canda Janice May Udry) (1965)
  • Higglety Pigglety Pop! or There Must Be More to Life (1967)
  • In the Night Kitchen (1970)
  • Fantasy Sketches (1970)
  • Ten Little Rabbits: A Counting Book with Mino the Magician (1970)
  • Some Swell Pup or Are You Sure You Want a Dog? (canda Matthew Margolis) (1976)
  • Seven Little Monsters (1977)
  • Outside Over There (1981)
  • Caldecott and Co: Notes on Books and Pictures (antoloxía de artigos sobre literatura infantil) (1988)
  • The Big Book for Peace (1990)
  • We Are All in the Dumps with Jack and Guy (1993)
  • Maurice Sendak's Christmas Mystery (1995) (caixa de libro máis crebacabezas)
  • Bumble-Ardy (2011)
  • My Brother's Book (2013)