Masashi Kishimoto
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de novembro de 1974 Nagi, Xapón |
| Residencia | Okayama |
| Educación | Universidade Kyūshū Sangyō |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Manga |
| Ocupación | mangaka, artista, ilustrador, guionista |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Irmáns | Seishi Kishimoto |
| Descrito pola fonte | Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon |
Masashi Kishimoto (岸本斉史 Kishimoto Masashi?), nado o 8 de novembro de 1974[1] en Nagi, Okayama é un popular debuxante de manga creador de Naruto. Ó autor apaixonáballe o manga e o anime e vía as sagas de Akira Toriyama, o creador de Dragon Ball, o cal foi unha das súas principais influencias. Debuxa manga dende que ía ó instituto e é irmán xemelgo doutro debuxante de manga, Seishi Kishimoto, creador de 666 Satan e Blazer Drive.
Manga
[editar | editar a fonte]- Karakuri (1996), publicado en Hop Step Award Selection 18 ('95~'96) (1996), Akamaru Jump Winter (1997), e Naruto: The Official Premium Fanbook (2009).
- Naruto piloto (1997), publicado en Akamaru Jump Summer (1997) e Naruto: The Official Fanbook (2002).
- Karakuri (abril de 1998 – maio de 1998), serializado en Weekly Shōnen Jump.
- Naruto (novembro de 1999), serializado en Weekly Shōnen Jump.
- Bench one-shot (outubro de 2010), publicado en Weekly Shōnen Jump.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kishimoto, Masashi (4 de outubro de 2002). NARUTO―ナルト―[秘伝·兵の書]オフォシャルファンBOOK (en xaponés). Xapón: Shueisha. p. 205. ISBN 4-08-873321-5.