Saltar ao contido

Jiraiya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jiraiya
Tipopersonaxe humano de ficción, personaxe de anime e personaxe de manga Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticioUniverso de Naruto Editar o valor en Wikidata
Creador/aMasashi Kishimoto Editar o valor en Wikidata
Actor/a de dobraxeJuan Antonio Bernal Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
PersonalidadeVoyeurismo Editar o valor en Wikidata
SuperpoderRasengan Editar o valor en Wikidata
Cor do pelocabelos brancos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Alumno/a deHiruzen Sarutobi Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónninja ficticio Editar o valor en Wikidata
Docente deNaruto Uzumaki, Pain e Minato Namikaze Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Jiraiya (自来也?) é un personaxe de ficción do manga e anime Naruto.

O seu nome significa literalmente trono xove, que é unha descrición da súa personalidade; reservado, aparecendo e desaparecendo de Konoha en calquera intre. Podía tamén ser unha referencia ó seu costume de ollar ás rapazas para escribir as súas novelas ou o forte que é á hora de loitar.

Tanto o seu nome como os de Tsunade e Orochimaru veñen da novela xaponesa Jiraiya Goketsu Monogatari (児雷也豪傑物語, “O conto de Jiraiya o galante”).

Jiraiya é un ex-estudante do Terceiro Hokage. Jiraiya e os seus compañeiros de equipo anteriores, Orochimaru e Tsunade, coñécense co nome dos “tres ninjas lendarios” ou Sannin. Máis adiante, Jiraiya convértese no mestre jōnin de Minato Namikaze (futuro Cuarto Hokage).

Cando Minato se converte en Hokage, decide poñerlle o nome do protagonista do primeiro libro escrito por Jiraiya, chamado "A historia do ninja remuíño", ó seu fillo Naruto Uzumaki xa que segundo Minato é unha autobiografía de Jiraiya e gústalle a actitude do protagonista, o que converte a Jiraiya no padriño de Naruto.

Cando era neno, Jiraiya fixo unha grande amizade, non carente de rivalidade, con Orochimaru. Pero cando este, anos despois traizoou a Konoha e fuxiu da Aldea, Jiraiya perseguiuno, intentando convencelo de que volvese. Orochimaru rexeitou a oferta e atacou a Jiraiya, marchándo de Konoha para sempre. Despois diso Jiraiya deixou Konoha de xeito que puidese seguir os movementos de Orochimaru. Máis tarde perseguiu á Organización Akatsuki, na que estivo Orochimaru.

Aínda que era bastante zoupón cando era máis novo, Jiraiya é un ninja de Clase S, un xenio que se especializa en invocar sapos e empregar ninjutsu. O poder de Jiraiya é equivalente ó dun mestre kage. Jiraya foi titor dalgúns dos ninjas máis poderosos do manga (Naruto, Minato Namikaze, Pain/Nagato, Konan e Yahiko).

O kanji que se ve no protector da fronte de Jiraiya (油, Abura) significa “aceite”, que ten que ver probablemente con uso do aceite de sapo e o seu ataque da chama-aceite con Gamabunta. Tamén pode referirse ó aceite da montaña dos sapos, que usaron tanto el coma Naruto para aprender a canalizar a forza da natureza, a enerxía necesaria para dominar o modo ermitán.

Creou a técnica transparente de escape (Tōton Jutsu, 透遁術) para espiar a mulleres espidas sen ser visto. El nunca oculta realmente a súa perversión, e mesmo, parece estar moi fachendoso dela. A pesar disto, a Jiraiya non lle gusta que Naruto o chame Ero-sennin (エロ仙人).

Un tempo despois de deixar Konoha, Jiraiya comeza a escribir novelas eróticas para adultos, sendo o seu traballo máis popular Ven ven Paraíso (イチャイチャパラダイス Icha Icha Paradaisu?). Nun episodio do recheo del anime, Naruto escribe unha continuación das novelas de Icha Icha asinando como Jiraiya e o libro volveuse moi popular, significando que Naruto é quen de escribir ó mesmo nivel que Jiraiya, ou que as capacidades de escritura de Jiraiya non son mellores que as dun neno. O éxito da serie de Icha Icha parece terlle proporcionado moitos cartos, pois o talonario de cheques de Jiraiya revela que é bastante rico.

Misións Feitas

[editar | editar a fonte]
  • Rango D: 58
  • Rango C: 345
  • Rango B: 684
  • Rango A: 614
  • Rango S: 138

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]