Tsunade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naruto
Nome real Tsunade
Idade 51
Altura 163,1 cm
Peso 49,9 kg
Ocupación Sannin, Hokage
Aldea
País País do Lume
Mestre Sarutobi
Equipo Sannin: Jiraiya, Orochimaru
Relevancia Personaxe principal
Familia Nawaki (irmán menor, falecido), Hashirama Senju (Avó, falecido), Mito Uzumaki (Avoa, falecida), Tobirama Senju (tío avó, falecido)
Seiyū Flag of Japan.svg Masako Katsuki
Naruto: Shippūden
Nome real Orochimaru
Idade 53
Altura 163,1 cm
Peso 49,9 kg
Ocupación Sannin, Hokage
Aldea Aldea Oculta de Konoha
País País do Lume
Relevancia Principal
Seiyū Flag of Japan.svg Masako Katsuki
Jutsu

Tsunade (綱手?), co título de Godaime Hokage (五代目火影 Quinta Sombra do Lume?) é unha personaxe do manga e anime Naruto.

O seu nome significa "Corda Anoada". É neta do Primeiro Hokage, e unha kunoichi da Aldea Oculta de Konoha e formou parte do equipo de Jiraiya, Orochimaru e o seu líder e mestre o Terceiro Hokage. Despois da Terceira Gran Guerra Ninja, a ela xunto cos seus compañeiros de coñecéuselles co nome de Os tres lendarios Sannin. É a única dos tres sannin que ten habilidades como ninja médico.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeira parte[editar | editar a fonte]

Tsunade ten 53 anos, pero emprega un Jutsu que lle permite ter a aparencia dunha muller de 20 anos. Ten gran afección polos xogos azar, pero nas apostas case sempre perde, polo que gañou o título da Lendaria perdedora (mesmo perde ante Naruto); e cando gaña, é un agoiro de que algo malo está a piques de ocorrer.

Pertence ós lendarios Sannin (sannin é unha forma de dicir 3 ou grupo de tres en xaponés) xunto a Jiraiya e Orochimaru. Os tres foron alumnos de Hiruzen, o Terceiro Hokage. A pesar de ser a neta do Primeiro Hokage, Tsunade tivo un pasado tráxico. O seu irmán menor Nawaki e o seu mozo Dan, morreron durante as guerras entre as aldeas. Debido a isto, Tsunade adestrouse como ninja médico pero finalmente decidiu deixar a aldea con Shizune, a sobriña de Dan, a quen acolleu como alumna. Debido á morte do Terceiro Hokage, Jiraiya e Naruto van na súa busca para solicitarlle que acepte o posto de Quinto Hokage. Aínda que nun principio négase, a pelexa contra Orochimaru e a valentía de Naruto, fíxolle ver que estaba nun erro e finalmente acepta o cargo. Xa en Konoha toma a Sakura Haruno como alumna.

Segunda parte[editar | editar a fonte]

En Shippuden tivo unha boa reacción ante a chamada de axuda da Area, e acertou ó enviar ó grupo de Gai como apoio. Outro acerto foi elixir a Yamato para substituír a Kakashi no equipo 7, xa que el é capaz de controlar ó Kyubi.

A Sanin apostou con Jiraiya a que el volvería a Konoha logo da súa misión na Aldea Oculta da Chuvia e Jiraiya aceptou gustoso, entón Tsunade decatouse de que Jiraiya xa non pensaba regresar. A pesar de que Shizune lle daba ánimos, ela presentía o que lle ocorrería ó seu compañeiro. Polo que ó parecer láiase de non ter ido con el.

Tsunade tivo bo ollo ó elixir ós equipos en busca de Itachi Uchiha pero a misión fallou debido á morte do membro de Akatsuki e a toma de Sasuke por parte de Tobi.

Trala morte de Jiraiya, e a recuperación de ninjas de Kumogakure e un dos corpos de Pain, Tsunade encoméndalle a autopsia e o interrogatorio a Shizune, Sakura e Ino mentres que Shikamaru, Kakashi e Naruto descifraban as pistas e o significado da mensaxe enviada por Jiraiya.

Pouco tempo despois, Pain xunto cos seus corpos e Konan comezan a invasión a Konoha. Mentres Shizune descobre que os metais que hai en tódolos corpos transfiren chakra, comeza a destrución de Konoha polo cal van a informarlle o máis rápido a Tsunade, a cal mira pola fiestra todo o fume e o lume que sae da aldea recordando así a profecía do Sanin e mandando a chamar a Naruto.

Misións Feitas[editar | editar a fonte]

  • Rango D: 40
  • Rango C: 236
  • Rango B: 467
  • Rango A: 418
  • Rango S: 95

Véxase tamén[editar | editar a fonte]