Gaara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naruto
Nome real Gaara
Idade 12/13
Altura 150,1 cm/152,1 cm
Peso 39 kg/40,2 kg
Ocupación Genin
Aldea Aldea Oculta da Area
País País do Vento
Mestre
  • Cuarto Kazekage
  • Baki
  • Equipo
  • Baki
  • Temari
  • Kankurō
  • Bijū Shukaku
    Relevancia Secundario
    Familia Cuarto Kazekage (pai)
    Temari (irmá)
    Kankurō (irmán)
    Seiyū
  • Akira Ishida
  • Naruto: Shippūden
    Nome real Gaara
    Idade 16
    Altura 166,1 cm
    Peso 50,9 kg
    Ocupación Kazekage; Comandante do Exército Shinobi
    Relevancia Secundario
    Seiyū
  • Akira Ishida
  • Jutsu
    Estatísticas

    Gaara (我愛羅?) tamén coñecido como Gaara do Deserto (砂漠の我愛羅 Sabaku no Gaara?), é un personaxe ficticio do manga e anime Naruto, creado por Masashi Kishimoto. Kishimoto creou a Gaara para que fose un personaxe que se polarizara co protagonista da serie, Naruto Uzumaki, xa que ambos personaxes naceron en circunstancias semellantes, pero desenvolveron personalidades bastante diferente debido a que medraron nun ambiente con múltiples problemas.

    Tanto no manga como no anime, Gaara é un ninja pertencente á Aldea Oculta da Area, ademais de ser o fillo do antigo líder de dita aldea, o Cuarto Kazekage. Mentres se atopaba no ventre da súa nai, o seu pai intentou convertelo nunha arma humana mediante a introdución dunha besta con cola. Como consecuencia, foi rexeitado polos aldeáns da súa aldea, o que posteriormente o levou a converterse nun asasino desapiadado, matando a calquera sen ningún remorso, ó igual que trataba ós seus irmáns, Kankurō e Temari, con desprezo. Porén, a súa batalla contra Naruto permitiu que cambiase o seu punto de vista, polo que comezou a axudar ós demais para emular a actitude de Naruto. Durante a segunda parte da serie, Gaara convértese no Quinto Kazekage da súa aldea. Gaara tamén apareceu en diversos medios relacionados con Naruto, incluíndo a segunda película baseada na serie, así como a terceira animación orixinal e múltiples videoxogos.

    Numerosas publicacións adicadas ó anime e manga comentado respecto ó personaxe. IGN comentou que a disparidade entre Naruto e Gaara parecía «emocionante» e «un pouco arrepiante».[1] Anime News Network mencionou que a batalla entre Naruto e Gaara foi o punto máis crítico e importante de toda a serie.[2] De acordo coa base de datos sobre os lectores de Naruto, Gaara logrou ser popular, colocándose en posicións altas en diversas enquisas, chegando a acadar posicións entre os dez primeiros postos.[3] Asemade, variedades de pezas mercadotécnicas baseadas na aparencia de Gaara foron lanzadas á venda, dos que se inclúen peluches e chaveiros.[4][5][6]

    Creación e concepción[editar | editar a fonte]

    Masashi Kishimoto, o autor da serie de Naruto, creou a Gaara como un doppelgänger do protagonista, Naruto Uzumaki, así como para marcar un contraste entre ambos personaxes. El e Naruto posen certas similitudes en cuanto ó seu pasado, xa que foi rexeitado polos aldeáns debido a que é o jinchūriki do bijū Shukaku, unha cuestión que Kishimoto describe como «moi semellante á de Naruto».[7] O desenvolvemento do estado emocional de Gaara, o cal consistiu en pasar de ser un neno cariñoso e tímido a ser un personaxe sádico e retraído, o autor realizouno coa intención de crear unha simpatía polo personaxe con respecto ós seus lectores, pois é contrastado coa actitude alegre e problemática que adquiriu Naruto. Ademais, o seu deseño foi fíxose pensando en asemellalo a un tanuki, pois Kishimoto pensou que iso o faría un bo rival para o Kyūbi que contén Naruto, posto que varias características do Ichibi (一尾 lit. «unha cola»?) foron consideradas por Kishimoto como opostas ás do Kyūbi. A historia do pasado de Gaara volveuse unha das favoritas do mangaka na primeira parte, e mesmo revisou varias veces as ilustracións en tales capítulos, pois quería que os lectores entenderan mellor o estado mental de Gaara.[8]

    Personalidade[editar | editar a fonte]

    Gaara ten uns marcadas sinais de insomnio, xa que non pode durmir profundamente ou o Shukaku tomaría o control da súa personalidade.[9]

    Co paso do tempo, Gaara adquiriu un comportamento sádico e unha extraordinaria sede de sangue. O seu impulso por matar é unha das súas principais características ó comezo da serie. Despois do seu ingreso nos «Exames Chūnin», Gaara demostrou pouco interese en dita proba, pero aínda mantiña a necesidade de matar ou ferir gravemente a calquera que se cruzase no seu camiño.[10] Mentres combate a diversos opoñentes poderosos durante o proceso dos exames, Gaara comeza a crer que debe matar a calquera que perciba como máis forte que el, xa que «serían unha ameaza para a súa supervivencia».[11]

    A busca de Gaara por combater inimigos poderosos permítelle cruzarse no camiño de Naruto Uzumaki. Recoñecendo que Naruto é un opoñente formidable, Gaara ameaza a vida dun dos seus compañeiros para obrigalo a pelexar. Así, intenta facer da pelexa un concurso para ver que filosofía é a correcta, posto que Gaara cre que se debe pelexar só por un mesmo, mentres que Naruto pensa todo o contrario. No proceso, Naruto derrota a Gaara e como resultado diso, este último adquire a perspectiva de Naruto, crendo que pelexar polos demais permite producir unha maior enerxía e forza, en vez de pelexar por un mesmo.[9] Por tal razón, Gaara fai as paces cos seus compañeiros e coas persoas que afastara da súa vida.[12] Ó mesmo tempo, a característica principal de Gaara transfórmase nun desexo por protexer a cantas persoas poida, facendo isto para lograr atopar a verdadeira forza. Esta transformación culmina cando substitúe o posto do seu pai, chegando a ser o Kazekage de Sunagakure durante a segunda parte da serie e sostén que o seu maior anhelo é dar a vida polos habitantes da súa aldea.[13]

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Van Horn, Jason (26 de febreiro de 2007). "IGN: An Assassin of the Moonlit Night Review" (en inglés). IGN. Consultado o 28 de xullo de 2012. 
    2. Martin, Theron (29 de febreiro de 2008). "Naruto Uncut DVD Box Set 6 - Review" (en inglés). Anime News Network. Consultado o 28 de xullo de 2012. 
    3. Kishimoto, Masashi (2008). "Capítulo 245". Naruto, Volume 28. Viz Media. pp. 8–9. ISBN 1-4215-1864-3. 
    4. "Gaara Keychains" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
    5. "Amazon.com: Naruto: Gaara with Gourd Plush: Toys & Games" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
    6. "Gaara in toys & Games" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
    7. Kishimoto, Masashi (2007). Uzumaki: The Art of Naruto. Viz Media. p. 142. ISBN 1-4215-1407-9. 
    8. Kishimoto, Masashi (2005). NARUTO―ナルト―[秘伝・闘の書]. Shueisha. pp. 310–311. ISBN 4-08873-734-2. 
    9. 9,0 9,1 Kishimoto, Masashi (2007). "Capítulo 136". Naruto, Volume 16. Viz Media. ISBN 1-4215-1090-1. 
    10. Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 59". Naruto, Volume 7. Viz Media. ISBN 1-59116-875-9. 
    11. Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 83". Naruto, Volume 10. Viz Media. p. 28. ISBN 1-4215-1089-8. 
    12. Kishimoto, Masashi (2008). "Capítulo 215". Naruto, Volume 24. Viz Media. pp. 132–133. ISBN 1-4215-1860-0. 
    13. Kishimoto, Masashi (2008). "Capítulo 249". Naruto, Volume 28. Viz Media. ISBN 1-4215-1864-3.