Marie Bashkirtseff
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de novembro de 1860 (Xuliano) Havrontsi |
| Morte | 31 de outubro de 1884 París |
| Causa da morte | tuberculose |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Passy |
| Grupo étnico | Pobo ucraíno |
| Relixión | Igrexa ortodoxa |
| Educación | Academia Julian |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | París (1870–1884) |
| Ocupación | pintora, biógrafa, artista, escritora, escultora, autora de diarios, música |
| Xénero artístico | Retrato |
| Movemento | Pintura do realismo (pt) |
| Profesores | Tony Robert-Fleury |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Pai | Konstantin Pavlovich Bashkirtsev |
| Descrito pola fonte | Women Painters of the World, (sec:Bashkirtseff, Mlle. Marie) Encyclopædia Britannica Great Women Masters of Art, (p.293) |

Marie Bashkirtseff ou en cirílico ruso Марія Костянтинівна Башкирцева, nada en 1858 e finada en 1884, foi unha pintora e escultora rusa nada en Ucraína.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Gavrontsi, nas proximidades do Poltava no seo dunha familia nobre, e educouse no estranxeiro viaxando con súa nai por Europa. En 1870 súa nai instálase nunha vila preto de Niza e xa en París estudou pintura na Académie Julian, unha das poucas institucións que aceptaban mulleres. En 1881 escribiu artigos, co alcume de Pauline Orrel, para o xornal feminista de Hubertine Auclert, La Citoyenne.
Na súa curta vida, Marie, realizou importantes composicións, entre as que sobresaen Un meeting, L'Atelier des femmes e o seu Autorretrato. Boa parte das súas obras destruíronas os nazis durante a segunda guerra mundial.
Dende os 13 anos escribiu un diario en francés no que documenta os problemas das mulleres artistas e que se fixo famoso cando o publicou a súa familia en 1890 co título de Journal de Marie Bashkirtseff avec portrait. A súa correspondencia con Guy de Maupassant publicouse en 1891.