IES Breamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°24′23″N 8°10′07″O / 43.4064763, -8.1685683


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

IES Breamo
Enderezo
Breamo, Pontedeume
Datas
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
Xestión
Tipopúblico
TitularidadeXunta de Galicia
Na rede
Web

O IES Breamo é un centro público de ensino secundario situado en Breamo (Pontedeume). Nel impártese a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato. A este centro de ensino acoden aproximadamente 300 alumnas e alumnos, procedentes na súa maioría do centro educativo CEIP Couceiro Freijomil.

Instalacións[editar | editar a fonte]

O centro conta con biblioteca, salón de actos, ximnasio e pavillón, aulas de música, educación plástica e audiovisual, tecnoloxía, idiomas, estudio de radio e cafetaría.

Proxectos e actividades[editar | editar a fonte]

Ondas do Eume é un dos proxectos organizados polo centro. Consiste na investigación e tratamento da información, sobre diferentes temáticas, por parte do alumnado. Un estudo e un programa de radio son parte deste proxecto, que ten como obxectivo principal dinamizar a lingua galega.

Páxina web Ondas do Eume: https://auladelingua.wordpress.com/

Co obxectivo de fomentar a lectura, dende o curso 2015- 2016 organízase cada ano o "Clube de lectura do Breamo". Este engloba actividades como : asembleas nas que se conversa sobre o contido de cada libro ou talleres de manualidades sobre diferentes historias.

Páxina web club de lectura: http://https://auladelingua.wordpress.com/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.