Furafollas Agrupación Teatral
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Furafollas Agrupación Teatral | |
---|---|
Tipo | compañía de teatro |
Data de fundación | 1997 |
Sede | Universidade de Barcelona |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Furafollas Agrupación Teatral ou FAT é un grupo de teatro afeccionado nado en 1997 no seo da Universidade de Barcelona e radicado na cidade de Barcelona. Realiza montaxes en galego e en catalán, principalmente.
Actividade
[editar | editar a fonte]A compañía xorde por iniciativa de Anxo Baranga, o seu director, e outras persoas vinculadas ao teatro afeccionado e ao activismo cultural galego en Cataluña. Furafollas ten colaborado coa Universidade de Barcelona, a Universidade Autónoma de Barcelona, a Galería Sargadelos, o Centro Galego de Barcelona, ou os concellos de Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat ou Castelldefels, entre outras entidades.[1] Ten participado no Festival Internacional de Teatre al Carrer de Viladecans, nas Xornadas de Teatro Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo) e en diversas maratóns de contos. Desenvolve as súas actividades en diversos xéneros, dende montaxes teatrais a performances e obradoiros. A partir de 2005 o grupo ofreceu unha programación estable de contacontos titulada Os Troleiros de Provença. A escenificación de contos fíxose en galego e en catalán, sempre cun fío condutor. Repetiron a experiencia con Os Troleiros de Provença: Mulleres no Tempo (2006). En 2008 fan a lectura dun texto de Marcos Abalde, Canibalismo.[2]
Participa en diversas mobilizacións a prol da cultura galega, o activismo social e nacionalista, como as accións de animación para as campañas "Defensem la llengua" (2010) e “Queremos galego”, diversas performance co gallo do 17 de maio, ou “El Castell del capitalisme, CaCa” (2011), unha acción concibida para o movemento de indignación cidadá do 15-M. Pola súa adaptabilidade e capacidade creativa, convértese nun núcleo de referencia na produción dramática na emigración galega en Cataluña feita en galego.
"Somos unha especie de factoría de produtos culturais e non nos baseamos tanto na calidade dramática do espectáculo como en transmitir ese trasfondo cultural", sinala Anxo [Baranga]. A actividade da agrupación é incesante; só no último ano, o director calcula que fixeron unha media dun espectáculo cada 15 días. O segredo está no desexo de divertirse, mais tamén na súa versatilidade. [tradución do español][3]
Ademais de Anxo Baranga, forman parte da agrupación o escritor e crítico de arte Lito Caramés, a regueifeira Paola Beiro, a poeta Eva Méndez do Roxo, Ana Escourido, o humorista e actor Alberte Montes, Xosé Manuel Conde 'Xepe' e Ana Belén Real (ambos, integrantes da rede de emisións galegas ERGAC e do boletín A Micro Pechado), David Magdalena,Monica Claver,Leticia Rey,Daniel Regueiro,Blanca Cotado y Jose Luis Ouro
Principais obras representadas
[editar | editar a fonte]Adaptacións
[editar | editar a fonte]- Zardigot, de Euloxio R. Ruibal
- Estrema, de Raúl Dans
- O achado do Castro, de Manuel Núñez Singala
- Minia (2010), adaptación e dramaturxia de Anxo Baranga a partir do texto de Lugrís Freire.
- Memorias dun neno labrego (2010), adaptación teatral a partir da novela de Xosé Neira Vilas.
- Bucaneras, bucanord (2010), adaptación de fragmentos a partir da novela Pirata de María Reimóndez.
Produción propia
[editar | editar a fonte]Corgomo 2008
- A máquina do Sr. Malagaita
- Llasforafu
- Circo na rúa
- O show de Kinsey
- Revolução (2009)
- Historias do Raval
- O castelo da lingua galega
- Marato de contes de Hospitalet
- Semana da Poesia en Terrassa
- Guateque anos 60
- Performance poético-erótica
- E agora pasa un tren
- Merenda cos Furafollas
- Versoslabios e merendas
- Vesania
- Fronteira
- Canto conto!
- Contos en galego nas esolas de Cataluña
- Colaboracion Letras Galegas
AMIGUIÑOS
[editar | editar a fonte]- Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña
- Centro Galego de Barcelona
- Eva do Roxo
- Hermanager
- O Catalizador, de Anxo Baranga
- Pejotas
- Teatro Aficionado
- Teatro O Bordelo
- A ludotega
- Ateneu Roig
- Anin
- ACGB
- Munt de Mots
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traviesas, Celtia (2010-06-15). "Al gallego por el teatro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-04-24.
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - Lectura dramatizada de "Canibalismo" de Marcos Abalde". www.vieiros.com. Consultado o 2019-04-24.
- ↑ Doespiritusanto, Marcos (2010-03-10). "Reportaje: El desenfado de los Furafollas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-04-24.