Flora Tristán
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (fr) Flora Célestine Thérèse Henriette Tristan 7 de abril de 1803 París, Francia |
| Morte | 14 de novembro de 1844 Bordeos, Francia |
| Causa da morte | Tifo |
| Lugar de sepultura | Chartreuse Cemetery (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora, economista, sufraxista, política, activista polos dereitos das mulleres, filósofa |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | André Chazal |
| Fillos | Aline Chazal |
| Pais | Don Mariano Tristan-Moscoso |
| Parentes | Paul Gauguin, daughter's son |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, A Biographical Dictionary of Women Economists (en) Wegbereiterinnen (en) |
Flora Célestine Thérèse Tristán, nada en París en 1803 e finada en Bordeos o 14 de novembro de 1844, foi unha pensadora feminista e socialista francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun coronel español natural do Perú e nai pertencente á burguesía parisiense refuxiada en España por mor da Revolución francesa, o pai de Flora, agregado militar en París morre en 1807 sen poder regularizar o seu matrimonio polas pexas que tiñan os militares españois para casar con estranxeiras. A confiscación dos bens dos españois residentes en Francia ordenada por Napoleón supuxo a confiscación da residencia familiar, Le Petit Chateau e a ruína da familia, Flora ten que poñerse a traballar aos 16 anos nun obradoiro de cerámica propiedade de André Chazal, con quen casa aos 18 anos logo de quedar preñada del, non foi un matrimonio feliz e aos poucos anos sepáranse de común acordo con dous fillos e un terceiro en camiño. En 1826 Flora iniciou un novo proxecto vital en Inglaterra, traballando como gobernanta, cos cartos reunidos emprendeu en 1833 unha viaxe ao Perú para reclamar a herdanza de seu pai. Tras tan só conseguir o pago dunha pensión mensual, regresou a Francia ao seguinte ano.
Xa en Francia comezou a súa actividade pública, primeiro dirixindo peticións ao parlamento francés para abolir a pena de morte, para o restablecemento do divorcio e escribindo folletos sobre a necesidade de acoller ben ás mulleres estranxeiras.
En 1837 publicou Pérégrinations d'une paria, impresións sobre a súa viaxe ao Perú e o poder da oligarquía crioula, Perú (1837), que foi un éxito editorial. O home que estivera casado con ela férea a causa do preito que mantiña pola custodia da súa filla Ana, futura nai de Paul Gauguin, que gañara Flora. Para repoñerse vai a Inglaterra a pasar unha temporada entrando en contacto coas ideas de Robert Owen e o movemento chartista que complementou co coñecemento das de Henri de Saint Simon e Charles Fourier e, de volta a Francia, percorreu as cidades francesas para promover as ideas da solidariedade obreira e anticipouse ás ideas de Karl Marx ao propoñer a creación dunha Internacional Obreira na súa obra L'Union ouvrière (1843). En 1843 emprendeu unha campaña itinerante por toda Francia, esgotada e enferma morreu en Bordeos.
Obras
[editar | editar a fonte]- 1835, Nécessité de faire un bon accueil aux femmes étrangères (Necesidade de acoller ben as mulleres estranxeiras).
- 1837 Les pérégrinations d'une paria (Peregrinacións dunha paria), narra o fracaso en ser aceptada pola súa familia peruana.
- 1840, Promenades dans Londres (Paseos en Londres), observacións sobre da vida laboral británica.
- 1843, L'Union ouvrière (A Unión obreira). Manifesto a prol do estabelecemento dunha organización internacional obreira; Flora percorreu a Francia para difundir a idea, que se adiantaba a AIT (1864).
- Le Tour de France. Journal 1843-44 (A volta á Francia. Diario 1843-44), publicación póstuma, na que relata os seus encontros con obreiros e xentes comúns de toda a Francia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Flora Tristán |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Vidas Contadas en RNE (en castelán).