María Francisca de Isla y Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Francisca de Isla y Losada
Nome completoMaría Francisca de Isla y Losada
Nacemento1734
 Santiago de Compostela
Falecemento1808
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoetisa e escritora
CónxuxeNicolás Jacinto de Ayala
Fillosnon tivo
editar datos en Wikidata ]

María Francisca de Isla y Losada, nada en Santiago de Compostela en 1734 e finada na mesma cidade en 1808,[1] foi unha escritora e editora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu dun matrimonio acomodado, Isla-Losada, foi a número seis de nove irmáns (tres varóns e seis mulleres) e pasou a súa infancia no Pazo de Altamira. Criouse co seu irmán, o relixioso, José Francisco de Isla e sempre mantivo con el unha relación estreita, a pesar de estaren separados. No ano 1754 casou con Nicolás Jacinto de Ayala en Santiago, e foi no ano 1774 cando enviuvou despois de vinte anos de matrimonio.

José Francisco de Isla, gravado calcográfico de Juan Moreno de Tejada, Biblioteca Nacional de España

Nesta época ás mulleres estáballes prohibido o acceso ás aulas universitarias mais isto non lle impediu acadar unha excelente formación cultural; frecuentaba faladoiros en conventos e casas fidalgas, o que fixo que iniciase amizades literarias, coas que permaneceu o resto da súa vida. Esta educación nun ambiente culto e señorial influíu na súa traxectoria; desde moi nova era unha persoa curiosa e con interese cultural. Fíxose coñecida na sociedade co nome de “Perla Gallega” e “Musa Compostelana”. Acadou fama de muller intelixente e de vivo enxeño ata chegar á Prensa madrileña daquela época como curiosidade digna de ser difundida.

Morreu na súa casa da Rúa Nova de Santiago no ano 1808, aos setenta e tres anos e sen sucesión.

Obras[editar | editar a fonte]

A pesar do seu enxeño e dos escritos que realizou, non quixo que estes perdurasen e pouco antes de morrer, destruíu a maior parte das súas poesías, polo que non existen publicacións ao seu nome, tan só recompilacións dalgunhas das súas poesías e cartas. Algunhas das súas composicións están escritas en galego (romance galego dirixido ao cura de Fruíme Diego Antonio Cernadas de Castro), nun século no que non abundan as composicións da lingua vernácula.

Soneto: O poema é a resposta dun soneto que Cernadas lle escribiu á autora despois de saber que Francisco Alejandro de Bocanegra y Xibaja fora proposto polo rei para ocupar a vacante arcebispal en Compostela. Trata o tema da súa viuvez.

Romance: O romance data de 1775, reflicte o seu estado de saúde, evidenciando a súa situación física e psíquica tras a morte do seu marido (catro meses antes). Foi escrito ao cura de Friume.

Despedida de Lidia y Armindo: Son tres poemas que falan do amor e expresan a despedida destes dous amantes -Lidia e Armindo- cando el parte á guerra; reflicte a dor da muller que sofre. Corresponde ao xénero lírico da poesía neoclásica. Ten un ritmo irregular de tema amoroso e reiterativo. Está feito durante o período de madurez da autora, cando ela tiña trinta e seis anos de idade, aos quince anos de casada.

Dimensións da obra[editar | editar a fonte]

Existe un estudo biográfico-literario de Carlos García Cortés (2007) -o máis documentado- que divide a obra en tres dimensións:[1]

A poético-literaria[editar | editar a fonte]

Na que se encadra: Despedida de Lidia y Armindo (1770, Biblioteca Nacional de Madrid, Ms 22.058). Décima al arzobispo Bocanegra (1772)(BXUSC, Ms. 631.). Soneto al arzobispo Bocanegra (1772), e Romance al Cura de Fruime (1775). Edición de C.Martínez Barbeito, BRAG, XXVIII, nn 321-25 -1957-, 17-36.

A epistolar[editar | editar a fonte]

A maior parte das poesías e cartas da autora foron destruídas por ela mesma. Probablemente fora un epistolario abundante en exemplares escritos, aínda que pouco diversificado en destinatarios.

Como editora[editar | editar a fonte]

A dimensión como editora de escritos do seu irmán, que ela editou e publicou postumamente, e a colaboración xunto con outros escritores, como o caso de José Ignacio de Salas (pseudónimo do xesuíta santiagués Juan José Tolrá, coñecido no ámbito cultural compostelá e amigo da familia Isla-Losada), na publicación da biografía de José Francisco de Isla.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]