El Intermedio
| El Intermedio | |
|---|---|
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Xénero
| |
|
Lingua orixinal
| |
|
Lingua
| |
|
Formato de imaxe
| |
| Autoría | |
|
Creador/a
| |
| Publicación | |
|
País de orixe
| |
|
Compañía produtora
| |
|
Emisora orixinal
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de comezo
| |
| Dimensións | |
|
Número de episodios
| |
|
Número de tempadas
| |
| Localizacións | |
|
Localización rodaxe
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
El Intermedio é un programa de televisión producido por Globomedia e emitido pola cadea de televisión laSexta. Está presentado por El Gran Wyoming, coa colaboración de Sandra Sabatés, Thais Villas, Dani Mateo, Fernando González "Gonzo" e Usun Yoon. Este programa tamén ten a súa versión en Internet, a través de Second Life.
Historia do programa
[editar | editar a fonte]El Intermedio estreouse o 30 de marzo de 2006. O programa comezou sendo semanal, de dúas horas de duración, e máis tarde pasou a emitirse de luns a xoves, cunha duración diaria de 30 minutos. Unha das características do programa é a actitude crítica coa Igrexa Católica e coa cadea COPE.
Contido
[editar | editar a fonte]Trátase dun espazo de actualidade en clave de humor. No programa non só se narra o acaecido na actualidade, senón que tamén se critica e se parodia como o contan os demais medios de comunicación. Teñen cabida, por tanto, os grandes temas da actualidade semanal, ademais doutros temas. Todo o contido está relacionado co universo dos medios.
Invitados
[editar | editar a fonte]Entre a longa lista dos invitados que recibiu o programa dende a súa estrea están os galegos Pepe Domingo Castaño, Paula Vázquez e Cristina Saavedra entre outros. Tamén estiveron políticos como Carme Chacón, Gaspar Llamazares, Pedro Zerolo, Josep Antoni Duran i Lleida ou José Antonio Labordeta; actores como Elena Ballesteros, Fernando Tejero, Hugo Silva, Michelle Genner, José Coronado, Ariadna Gil, Leonor Watling, Antonio Resines, Malena Alterio ou Belén Rueda; xornalistas como Hilario Pino, Helena Resano ou Mamen Mendizábal e músicos como Pasión Vega, Malú, Alaska e Antonio Carmona.
Seccións
[editar | editar a fonte]- Lo que España vota, va a Misa.
- Fritanga de medios: Beatriz Montañez presenta a actualidade diaria con dose de humor
- Expediente Iker: Cristina Peña satiriza o programa Cuarto Milenio, de Iker Jiménez, emitido pola cadea televisiva Cuatro.
- Todo sobre mi madre: Yolanda Ramos presenta esta sección na que os telespectadores envían críticas a Wyoming.
- Ademais de todo isto, Thais Villas e Usun Yoon adoitan facer entrevistas e reportaxes a pé de rúa.