Saltar ao contido

Balas sobre Broadway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Balas sobre Broadway
 Título
Bullets Over Broadway Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
20 de abril de 1995 (Alemaña)
16 de setembro de 1994 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración98 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
95% Rotten Tomatoes (25 de novembro de 2024)
7.9/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316751865 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-5558-0000-T-0000-0000-O Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0421ng Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0109348 Filmaffinity: 116799 Allocine: 11327 Rottentomatoes: m/bullets_over_broadway Mojo: bulletsoverbroadway Allmovie: v133401 TCM: 69893 BNE: XX3819860 Netlix: 338944 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Balas sobre Broadway (en inglés: Bullets over Broadway) é un filme estadounidense de 1994, dirixido por Woody Allen e protagonizado por un elenco coral que inclúe a John Cusack, Dianne Wiest, Chazz Palminteri e Jennifer Tilly.

O filme foi candidato a sete premios Oscar, incluíndo a Allen e o seu guionista Douglas McGrath ao mellor guión orixinal, Allen ao mellor director e Tilly e Palminteri como actriz e actor secundario, respectivamente. Wiest gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación, segunda vez que gañaba o premio dirixida por Allen.

Foi emitido na TVG en 1998.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

En 1928, David Shayne é un dramaturgo novo e idealista que acaba de chegar a Broadway. Para conseguir financiamento para a súa obra, God of Our Fathers, acepta contratar a Olive Neal, moza dun gánster. Ela é esixente e carece de talento, mais Cheech, o escolta do gánster, resulta ser un xenio que chega constantemente con ideas excelentes para revisar a obra.

Mentres os actores preparan, Shayne vese superado reclamando o escrito por Cheech como propio, enganando a súa parella Ellen coa sedutora e alcohólica protagonista Helen Sinclair e enfrontando que o seu protagonista, un comedor compulsivo, comece un romance con Olive.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]