José Miguel Contreras
José Miguel Contreras | |
---|---|
Nome completo | José Miguel Contreras Tejera |
Nacemento | 2 de setembro de 1958 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid e Instituto RTVE |
Ocupación | xornalista, dono de mídia, produtor de televisión, profesor universitario, professor titular e political pundit |
Fillos | Antonio |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
José Miguel Contreras, nado en 1958 en Madrid, é un empresario da comunicación español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Catedrático en Comunicación Audiovisual e Publicidade, os seus inicios profesionais foron na prensa (El País) e na radio (Radio 3 de RNE e Radio El País). Porén ligouse rapidamente á televisión, ante as perspectivas das cadeas privadas e as autonómicas. Foi director de programas de Canal + e director de programas e deportes en Telemadrid.
En 1993 creou a primeira compañía de mercadotecnia e investigación televisiva de España e Iberoamérica, o GECA (Gabinete de Estudios de la Comunicación Audiovisual). A súa fusión con Globomedia e Promofilm deu orixe ao Grupo Árbol. Contreras é socio conselleiro e membro do comité de dirección do holding, e é ademais conselleiro delegado de La Sexta.