Eva Hache

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eva Hache
Eva Hache - 01.jpg
Nome completo Eva María Hernández Villegas
Nacemento 7 de agosto de 1972 (45 anos)
Lugar Segovia, España España
Nacionalidade España
Profesión actor
editar datos en Wikidata ]

Eva María Hernández Villegas, coñecida como Eva Hache, nada en Segovia o 7 de agosto de 1972, é unha actriz, cómica e presentadora de televisión española.

Biografía[editar | editar a fonte]

Viviu varios anos da súa mocidade en Cuéllar (Segovia). Tras estudar Filoloxía inglesa, a súa carreira como actriz iniciouse facendo teatro. Representou obras clásicas coa compañía do director Juan Antonio Quintana no Aula de Teatro da Universidade de Valladolid. Tras catro anos de traballo, decidiu tomarse unha tempada para viaxar polo mundo (Londres) e á súa volta en 2000, interpretou unha peza de cabaret autoproducida, con Isabel Sobrino: Todo por la Talanga, el Chou, na que o público interviña de forma activa.

Conseguiu participar como monologuista nalgúns programas da cadea humorística Paramount Comedy (Nuevos Cómicos, Telecompring, La hora chanante...), ata que en 2003 gañou o cuarto Certame de Monólogos de El club de la comedia. Tras iso, foi contratada pola produtora Globomedia, que a destinou como colaboradora no programa de Manel Fuentes, La noche... con Fuentes y cía (2004-2005), emitido por Telecinco, no que facía de reporteira en clave de humor, gañándose a popularidade ante o público.

Tamén traballou en Splunge (2005), un programa de situacións cómicas ou sketches de TVE no que colaborou con Florentino Fernández e Patricia Conde entre outros. Ademais, tivo aparicións puntuais como actriz (sempre cómica) en series da produtora como Siete Vidas de Telecinco e Casi Perfectos de Antena 3, xunto a Emilio Aragón, dono de dita produtora.

Como actriz teatral, destacan as súas interpretacións nas obras 5mujeres.com (2003-2004) e Hombres, mujeres y punto (2004-2005), proxecto no que participaron outras actrices como María Pujalte ou Nuria González. No cine obtivo un papel na película Locos por el sexo (2005) de Javier Rebollo. Eva Hache tamén fixo radio, en La ventana do verán, de Cadena SER con Gemma Nierga.

Gañou o Premio ATV concedido pola Academia da Televisión, correspondente a 2005 na categoría de Mellor Comunicadora de Programas de Entretemento. Ese mesmo ano foi nomeada ao TP de Ouro como Mellor Presentadora de Programas de Entretemento.

Posteriormente, e aínda como rostro de Globomedia, Eva presentou o programa nocturno, logo de vivir en Sevilla, Noche Hache, de Cuatro (2005-2008) e no que analizaba a actualidade política desde un punto de vista humorístico e crítico xunto a outros colaboradores como Ricardo Castella, Marta Nebot, Quequé, Javier Coronas, Fernando Gil e Julián López entre outros. Este programa supuxo o seu primeiro traballo como presentadora principal independente e un dos maiores éxitos de Cuatro. Dentro da dinámica de informativo humorístico, presentouse como candidata polo "Partido Hache" para o Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 9 de marzo de 2008.

En 2009 participou na versión española de Saturday Night Live, en Cuatro, aínda que o programa foi retirado polo seu gran descenso de audiencia.

En xaneiro de 2011, comeza a presentar en laSexta unha nova edición de El Club de la Comedia, precisamente o programa de monólogos onde Eva fíxose famosa, algúns dos novos monologuistas (algúns con xa experiencia) que participaron son Dani Rovira, Ángel Martín, Berto Romero, Carmen Machi ou Dani Mateo.

O 8 de maio de 2011 empezou a presentar o programa de entrevistas Con hache de Eva en laSexta, que foi cancelado tras 4 emisións debido aos pobres índices de audiencia.[1]

O 19 de febreiro de 2012 presentou a XXVI edición dos Premios Goya,[2] e en decembro de 2012 foi anunciada pola Academia de Cine como a presentadora da XXVII cerimonia realizada o 17 de febreiro de 2013.[3]

Eva Hache é tamén a primeira embaixadora da Candidatura de Segovia a Capital Europea da Cultura 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario Vasco, ed. (14 de xuño de 2011). "La Sexta cancela o programa de Eva Hache". 
  2. Eva Hache substituirá a Andreu Buenafuente como presentador da gala dos Premios Goya RTVE.es
  3. García, Rocío (19-12-2012). El País, ed. "Eva Hache repite como presentadora da gala dos premios Goya" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]