Manuel Antonio Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tono Campos
Manuel Antonio Campos Marathon ECh 2017.jpg
Información persoal
NacionalidadeGalicia Galicia
Nacemento15 de xullo de 1985
O Grove
Deporte
Deportepiragüismo
editar datos en Wikidata ]

Manuel Antonio Campos García, coñecido como Tono Campos, nado no Grove o 15 de xullo de 1985, é un deportista galego que compite en piragüismo nas modalidades de augas tranquilas e maratón.

En maratón foi cinco veces campión do mundo e nove subcampión, seis veces campión de Europa e dúas subcampión; e en augas tranquilas foi subcampión do mundo e de Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Conseguiu un cuarto posto na categoría Júnior do Mundial celebrado en 2003 en Valladolid.[1] A súa primeira participación no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón en categoría absoluta foi no ano 2004, na cidade norueguesa de Bergen, quedando ás portas das medallas no C1, tras rematar na cuarta posición.[2] En 2005 conseguiu outros dous cuartos postos, no Campionato Europeo celebrado na República Checa[3] e no Mundial de Perth.[4] Repetiu cuarto posto no Mundial do ano seguinte, en Francia,[5] e no Europeo de 2007, en Eslovaquia, finalizou en sexta posición.[6]

Conseguiu a súa primeira medalla internacional no Mundial de 2007 na cidade húngara de Győr, tras acabar terceiro a súa carreira de C1.[7] En cambio, no Mundial do ano seguinte só puido ser sexto.[8]

No 2009 competiu no Europeo de augas tranquilas no C4, en dúas distancias (200 e 1000 metros), finalizando ambas probas na novena e última posición.[9] De volta ao C1 en maratón, participou ese mesmo ano no Mundial de Vila Nova de Gaia de onde volveu coa medalla de prata.[10] Tamén en 2009 competiu no seu primeiro Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas, no Canadá, nas categorías C1 4x200 metros e C4 200 metros, obtendo un oitavo e un sétimo posto respectivamente.[11]

Década de 2010[editar | editar a fonte]

En 2010 participou de novo tanto en augas tranquilas como en maratón. Na primeira das modalidades finalizou sétimo no Europeo celebrado en Asturias[12] e noveno no Mundial de Poznan,[13] ambos no C4 1000 metros. En canto ao maratón, quedou subcampión do mundo do C1, por detrás do portugués Nuno Barros.[14] No 2011 competiu en dúas categorías do Mundial de maratón de Singapur: C1 e C2 (xunto a Pedro Areal). Logrou a prata no C1 e un quinto posto no C2.[15]

No 2012 participou no Mundial de maratón de Roma. No C2 padexou xunto a José Manuel Sánchez e lograron a medalla de bronce, mentres que o ouro foi para Ramón Ferro e Óscar Graña. Ademais competiu no C1 logrando a vitoria e facéndose así co seu primeiro ouro nun Mundial.[16][17] O primeiro ouro europeo chegou ao ano seguinte en Portugal, ao coroarse campión de Europa de C1, tras gañar con máis dun minuto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o tudense Manuel Garrido.[18][19] Competiu tamén no Europeo de augas tranquilas en Montemor, logrando un quinto posto no C1 5000 metros. Ademais ese ano participou en ambos os Mundiais de maratón e augas tranquilas. No de maratón padexou en dúas categorías: C1, onde logrou a prata, e C2 xunto a Diego Romero, quedando tamén segundos, outra vez por detrás de Graña e Ferro.[20] No Mundial de augas tranquilas de Duisburgo, finalizou décimo no C1 5000.[21]

En 2014 quedou quinto xunto a Diego Romero, no C2 1000 do Europeo de augas tranquilas.[22] Con todo, volveu coroarse campión do mundo de maratón no C2, por segunda vez, no Mundial celebrado en Oklahoma City, onde ademais conseguiu unha prata con José Manuel Sánchez no C2, logrando superar esta vez a Graña e Ferro, pero quedando por detrás dos húngaros Ádám Dóczé e Márton Kövér. En 2015 rematou no quinto posto do C2 no Europeo de maratón de Bohinj, en Eslovenia, xunto a José Manuel Sánchez.[23] Coa mesma parella foi ao Mundial de Győr, subindo ao terceiro caixón do podio. Ademais logrou o subcampionato do C1 por quinta vez na súa carreira, tras finalizar segundo só por detrás de Kövér.[24] Ese ano obtivo tamén o subcampionato mundial en augas tranquilas, ao rematar segundo en Milán, por detrás do alemán Sebastian Brendel.[25]

En 2016 celebrouse o Europeo de maratón en Pontevedra e Tono Campos coroouse como campión de Europa tanto en categoría C1 como en C2, nesta última xunto a José Manuel Sánchez, superando a Graña e Ferro, segundos, e a Dóczé e Köver, terceiros.[26][27] Ademais logrou outro subcampionato mundial no C1 en Brandeburgo, mentres que no C2 foi quinto con José Manuel Sánchez.[28]

No ano 2017 Campos e Sánchez proclamáronse campións de Europa do C2 por segunda vez, en Ponte de Lima, por diante de Dóczé e Köver, segundos, e Graña e Ferro, terceiros.[29] Campos gañou tamén a medalla de prata no C1 por detrás de Köver.[30] No Mundial dese ano Campos obtivo un bronce no C1 (por detrás de Köver, 1º, e Manuel Garrido, 2º) e outro bronce no C2, xunto a Sánchez (por detrás dos campións Köver e Dóczé e dos subcampións Graña e Ferro).[31]

En 2018, en Metković, Campos proclamouse por terceira vez campión de Europa do C1, mentres que no C2 só puideron ser cuartos, moi lonxe dos gañadores Óscar Graña e Diego Romero.[32] Tamén participou ese ano no Europeo de augas tranquilas en Belgrado, no C1 5000 obtendo a quinta praza final.[33] No Mundial de maratón 2018, celebrado en Portugal, Campos ampliou o seu palmarés cun ouro en C2 por diante de Garrido e Dóczé. No C2 rematou quinto. No Mundial de augas tranquilas dese mesmo ano quedou sexto.[34]

En 2019 gañou seis medallas entre Europeos e Mundiais. As primeiras tres foron no Europeo de maratón celebrado en Francia. Logrou o ouro no C1 de distancia longa, a prata no C1 de distancia curta e o bronce no C2 con Diego Romero.[35] As seguintes tres chegaron no Mundial da China. No país asiático gañou dous ouros no C1 e no C2 (con Diego Romero), e unha prata no C1 de distancia curta, (por detrás do seu compañeiro Diego Romero).[36][37][38]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2019 foi galardoado co Premio Deporte Galego ao mellor deportista galego masculino de 2018.[39][40] Fíxolle entrega do premio o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o 28 de novembro no Auditorio de Lalín.[41]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Piragüismo en aguas tranquilas
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2015 Milán (Italia Italia) Medalla de prata Prata C1 5000 m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2012 Zagreb (Croacia Croacia) Medalla de prata Prata C1 5000 m
Piragüismo en maratón
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2007 Győr (Hungría Hungría) Medalla de bronce Bronce C1
2009 Vila Nova de Gaia (Portugal Portugal) Medalla de prata Prata C1
2010 Banyoles (España España) Medalla de prata Prata C1
2011 Singapur (Flag of Singapore.svg Singapur) Medalla de prata Prata C1
2012 Roma (Italia Italia) Medalla de ouro Ouro C1
2012 Roma (Italia Italia) Medalla de bronce Bronce C2
2013 Copenhague (Dinamarca Dinamarca) Medalla de prata Prata C1
2013 Copenhague (Dinamarca Dinamarca) Medalla de prata Prata C2
2014 Oklahoma City (Estados Unidos de América Estados Unidos) Medalla de ouro Ouro C1
2014 Oklahoma City (Estados Unidos de América Estados Unidos) Medalla de prata Prata C2
2015 Győr (Hungría Hungría) Medalla de prata Prata C1
2015 Győr (Hungría Hungría) Medalla de bronce Bronce C2
2016 Brandeburgo (Alemaña Alemaña) Medalla de prata Prata C1
2017 Pietermaritzburg (Sudáfrica Suráfrica) Medalla de bronce Bronce C1
2017 Pietermaritzburg (Sudáfrica Suráfrica) Medalla de bronce Bronce C2
2018 Vila Verde (Portugal Portugal) Medalla de ouro Ouro C1
2019 Shaoxing (Flag of the People's Republic of China.svg China) Medalla de ouro Ouro C1
2019 Shaoxing (Flag of the People's Republic of China.svg China) Medalla de ouro Ouro C2
2019 Shaoxing (Flag of the People's Republic of China.svg China) Medalla de prata Prata C1 (DC)
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2013 Vila Verde (Portugal Portugal) Medalla de ouro Ouro C1
2016 Pontevedra (España España) Medalla de ouro Ouro C1
2016 Pontevedra (España España) Medalla de ouro Ouro C2
2017 Ponte de Lima (Portugal Portugal) Medalla de ouro Ouro C2
2017 Ponte de Lima (Portugal Portugal) Medalla de prata Prata C1
2018 Metković (Croacia Croacia) Medalla de ouro Ouro C1
2019 Decize (Flag of France.svg Francia) Medalla de ouro Ouro C1
2019 Decize (Flag of France.svg Francia) Medalla de prata Prata C1 (DC)
2019 Decize (Flag of France.svg Francia) Medalla de bronce Bronce C2


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resultados de Valladolid 2003" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  2. "Resultados de Bergen 2004" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  3. "www.canoeicf.com" (PDF). Resultados Repúbolica Checa 2005 (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  4. "Resultados de Perth 2005" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  5. "Resultados de Trémolat 2006" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  6. "Resultados de Trencin 2007". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  7. "Resultados de Győr 2007" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  8. "Resultados de Týn nad Vltavou 2008" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  9. "Resultados de Brandenburgo 2009". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  10. "Resultados Vila Nova de Gaia 2009" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  11. "Resultados de Dartmouth 2009". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  12. "Resultados Trasona 2010". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  13. "Resultados Poznan 2010". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  14. "Resultados de Banyoles 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  15. "Resultados de Singapur 2011" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  16. "Resultados de Roma 2012" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  17. "Tono Campos e Iván Alonso triunfan en Roma". Marca (en castelán). 22 de setembro de 2012. Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  18. "Resultados de Vila Verde 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  19. "Tono Campos, piragüista do Grove, proclámase campión de Europa de Maratón en Vila Verde (Portugal)". Pontevedra Viva. 8 de xuño de 2013. Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  20. "Resultados de Copenhague 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  21. "Resultados Duisburgo 2013". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  22. "Resultados de Brandenburgo 2014". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  23. "Resultados Bohinj 2015". .canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  24. "Resultados de Győr 2015" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  25. "Resultados de Milán 2015". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  26. "Resultados Europeo Pontevedra 2016" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  27. "Doblete gallego en C-2 y segundo oro del campeonato para Tono Campos" (en castelán). 3 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  28. "Resultados de Brandeburgo 2016". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  29. "Ramón Ferro y Óscar Graña, bronce en el europeo en Ponte da Lima" (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  30. "Resultados de Ponte de Lima 2017" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  31. "Resutlados de Vila Verde 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  32. "Resultados de Metković 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  33. "Resultados de Belgrado 2018". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  34. "Resultados de Montemor 2018". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  35. "Resultados Decize 2019". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  36. "España, segunda por países, cierra el Mundial de Maratón cosechando 10 medallas, 7 en sénior, 1 en sub23 y 2 en júnior" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  37. "Resultados de Shaoxing 2019" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  38. "Tono Campos, leyenda del maratón con otro oro europeo" (en castelán). 28 de xullo de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  39. "Tono Campos, elegido mejor deportista gallego de 2019". Faro de Vigo (en castelán). 8 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  40. "Os premios Deporte Galego 2018 distinguen á atleta Ana Peleteiro e o piragüista Manuel Antonio Campos". Galicia Confidencial. 8 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  41. "Ana Peleteiro e Tono Campos, premios do Deporte Galego". CRTVG. 28 de novembro de 2019. Consultado o 29 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]