Piragüismo en maratón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proba do Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón de 2018

O piragüismo en maratón é un deporte no que os piragüistas vogan un kaiak ou unha canoa sobre unha longa distancia.

Se ben a Federación Internacional de Piragüismo establece que as distancias estándar son ata 30 km, moitas carreiras son máis longas.[1] Moitas probas inclúen seccións de ríos con correntes e portaxes para superar obstáculos. Non é unha modalidade olímpica e a máxima competición deste deporte é o Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón.

Clases[editar | editar a fonte]

As probas de piragüismo en maratón divídense xeralmente en diferentes clases. As máis comúns son:

  • K1
  • K2
  • K4
  • C1
  • C2

K refírese a un kaiak e C a canoa.[2] O número fai referencia ao número de padexeiros por embarcación.

Distancias[editar | editar a fonte]

As distancias varían dependendo da clase, o sexo ou a idade. As distancias acostuman a ser as seguintes:

  • 30 km: para as categorías kaiak masculino sénior.
  • 26.25 km: para as categorías canoa, kaiak feminino sénior e kaiak masculino sub23.
  • 22.5 km: para as categorías canoa e kaiak feminino sub23 e kaiak masculino júnior.

Portaxes[editar | editar a fonte]

Unha portaxe é aquela fase da competición na que o participante debe baixar da embarcación e cargar con ela a pé unha distancia de entre 100 e 300 metros en dirección ao punto no que debe continuar a súa carreira na auga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "What is Canoe Marathon?" (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  2. "Especificacións das embarcacións" (PDF). www.omckra.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]