Metković

Metković ['mɛtkovic] é unha cidade do distrito de Dubrovnik-Neretva, no sur de Croacia. A súa poboación era de 13.873 habitantes no ano 2001, e o total do concello acadaba 15.384 moradores.
Situación[editar | editar a fonte]
Metković está situada no límite de Croacia coa República de Bosnia-Hercegovina, ás beiras do río Neretva, onde comeza o seu delta, antes de desembocar no Mar Adriático. O río é precisamente navegábel xusto até Metković, a unha trintena de quilómetros do mar.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metković ![]() |