Manuel Alonso Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Alonso Martínez
Datos persoais
Nacemento1 de xaneiro de 1827
 Burgos
Falecemento13 de xaneiro de 1891
 Madrid
OrganizaciónPartido Progresista
Unión Liberal
Partido Liberal
FillosVicente Alonso Martínez e Casilda Alonso-Martínez y Martín
Alma máterUniversidade Central
ProfesiónAvogado
Relixióncatolicismo
Na rede
Dialnet: 3594571
editar datos en Wikidata ]

Manuel Alonso Martínez, nado en Burgos o 1 de xaneiro de 1827 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1891 foi un xurista e político español. Tivo a confianza de Isabel II de España, de Afonso XII e da raíña rexente María Cristina de Habsburgo. Chegou a ser ministro en varias ocasións. O seu bufete foi durante décadas un dos máis prestixiosos de España e foi o principal impulsor da carreira política do seu xenro o Conde de Romanones. O Código Civil español é considerado como un dos seus logros máis importantes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de Burgos, na rúa Fernán González. Estudou Dereito e Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid. Exerceu como avogado na súa cidade natal ata que durante o Bienio Progresista foi elixido Deputado pola provincia de Burgos. De 1855 a 1856 desempeñou o cargo de Ministro de Fomento baixo o goberno de Baldomero Espartero, destacando o seu labor no financiamento do Canle de Isabel II, e outorgóuselle a Gran Cruz da Orde de Carlos III. Uniuse á Unión Liberal de Leopoldo O'Donnell en 1857 e exerceu como Gobernador Civil de Madrid. De 1865 a 1866, durante a decadencia dos gobernos liberais e antes do Sexenio Democrático, foi Ministro de Facenda. Posteriormente, uniuse ao Partido Constitucional de Sagasta.

Tras abandonar a vida política, en 1869 foi elixido presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e exerceu como xurista e escritor. En 1875, rompeu co Partido Constitucional e se escindiu cunha parte do partido que pretendía apoiar a Cánovas para a redacción dunha nova constitución, polo que foi nomeado presidente da comisión que habería de redactar o proxecto de Constitución de 1876 trala Restauración borbónica na persoa de Afonso XII. Ao mesmo tempo proseguiu os seus traballos xurídicos participando activamente na codificación do Dereito Civil.

En 1881 foi nomeado Ministro de Graza e Xustiza baixo a presidencia de Práxedes Mateo Sagasta. En 1890 foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados. Á súa morte, a súa viúva dona Demetria Martín y Baraya foi distinguida co título de marquesa de Alonso Martínez.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Aínda que pertenceu ao movemento liberal, Alonso Martínez destacou por conviccións máis propias do Antigo Réxime. Convencido de que levar ao extremo as liberdades individuais dos homes podía levar a situacións caóticas, cría na sociedade organizada xerarquicamente. Así mantiña o discurso aristotélico e enfrontábase, non só a calquera teoría socialista, senón ao pensamento krausista igualmente.

Foi partidario da unión dos pobos en comunidades políticas cada vez máis grandes e tamén era reticente á influencia dos localismos.[1]

Predecesor:
Francisco de Luján Miguel Romero
Ministro de Fomento

1855 - 1856
Sucesor:
Francisco de Luján Miguel Romero
Predecesor:
Manuel Moreno López
Ministro de Fomento

1863 - 1864
Sucesor:
Claudio Moyano
Predecesor:
Alejandro de Castro Casal
Ministro de Facenda

1865 - 1866
Sucesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Predecesor:
Cristino Martos Balbi
Ministro de Graza e Xustiza

1874
Sucesor:
Eduardo Alonso Colmenares
Predecesor:
Saturnino Álvarez Bugallal
Ministro de Graza e Xustiza

1881 - 1883
Sucesor:
Vicente Romero Girón
Predecesor:
Francisco Silvela y de Le Villeuze
Ministro de Graza e Xustiza

1885 - 1888
Sucesor:
José Canalejas Méndez
Predecesor:
Cristino Martos Balbi
Presidente do Congreso dos Deputados

1889 - 1890
Sucesor:
Alejandro Pidal y Mon

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mirete (1975); p. 269-270

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mirete, José Luis (1975). "M. Alonso Martínez y la polémica sobre la codificación en España". Anales de la Universidad de Murcia (Derecho) (XXXIII (1-2)): 263–274. ISSN 0463-9855. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]