Malcolm McDowell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Malcolm McDowell
Malcolm McDowell LF.JPG
Nacemento13 de xuño de 1943
Lugar de nacementoHorsforth
NacionalidadeReino Unido
Alma máterLondon Academy of Music and Dramatic Art
Ocupaciónactor de televisión, actor, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de xénero, guionista, actor de teatro e produtor de cine
PaiCharles Taylor
NaiEdna McDowell
CónxuxeMargot Bennett e Mary Steenburgen
FillosCharlie McDowell
PremiosPremios Saturn e star on Hollywood Walk of Fame
editar datos en Wikidata ]

Malcolm John Taylor, nado en Horsforth (Leeds) o 13 de xuño de 1943, é un actor inglés, coñecido como Malcolm McDowell. Criouse en Liverpool e formouse na Academia de Música e Artes Dramáticas de Londres antes de emprender unha carreira que se estendeu durante máis de cincuenta anos.

McDowell é coñecido polos polémicos papeis de Alex DeLarge en A Clockwork Orange de Stanley Kubrick (1971), a personaxe principal de Caligula (1979) e Mick Travis na triloxía formada por if.... (1968), O Lucky Man! (1973) e Britannia Hospital (1982). Apareceu en filmes como Time After Time (1979), Cat People (1982), Gulag (1985), Star Trek Generations (1994), Tank Girl (1995), Gangster No. 1 (2000), Easy A (2010), The Artist (2011) e Bombshell (2019). Tamén apareceu como o doutor Samuel Loomis no remake de 2007 Halloween e a súa secuela de 2009, Halloween II.

McDowell tamén tivo unha serie de papeis en series de televisión como personaxes recorrentes en Entourage (2005-2011) e Heroes (2006-2007); e protagonizou Franklin & Bash (2011-2014) e Mozart in the Jungle (2014-2018). Posteriormente na súa carreira converteuse nun prolífico actor de voz en filmes, series de televisión e videoxogos como Metalocalypse (2007–2012), Bolt (2008), Fallout 3 (2008), God of War III (2010), The Elder Scrolls Online (2014) e Call of Duty: Black Ops III (2015). Recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 2012.[1] En 2021, tivo un papel recorrente na serie cómica de terror paranormal Truth Seekers.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

McDowell coñeceu a actriz e publicista Margot Bennett en marzo de 1969,[2] e estiveron casados entre abril de 1975 e setembro de 1980.[3] Coñeceu a actriz Mary Steenburgen en 1978 mentres filmaban Time After Time e casaron en setembro de 1980. Tiveron dous fillos xuntos, Lilly (nada o 22 de xaneiro de 1981) e o cineasta Charlie (nado o 10 de xullo de 1983), antes de divorciarse en 1990.[3] Casou con Kelley Kuhr, 24 máis nova ca el, en 1991. Viven en Ojai, California, e teñen tres fillos: Beckett (nado o 29 de xaneiro de 2004), Finnian (nado o 23 de decembro de 2006) e Seamus (nado o 7 de xaneiro de 2009).

McDowell fíxose fan do Liverpool F.C. cando se mudou a Liverpool de pequeno, pasando gran parte da súa infancia en Anfield, e continuou a apoiar o equipo.[4][5]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1967 Poor Cow Billy Escenas eliminadas
1968 if.... Mick Travis
1970 Figures in a Landscape Ansell
1971 The Raging Moon Bruce Pritchard
A Clockwork Orange Alex DeLarge
1973 O Lucky Man! Mick Travis / Plantation Thief Tamén guionista
1975 Royal Flash Capt. Harry Flashman
1976 Aces High Gresham
Voyage of the Damned Max Gunter
1979 The Passage Capt. Von Berkow
Caligula Calígula
Time After Time H.G. Wells
1982 Cat People Paul Gallier
Britannia Hospital Mick Travis: The Media
The Compleat Beatles Narrator Voz
Documental
1983 Blue Thunder Col. F.E. Cochrane
Cross Creek Max Perkins
Get Crazy Reggie Wanker
1987 The Caller The Caller
1988 Buy & Cell Warden Tennant
Sunset Alfie Alperin
1989 Mortacci Edmondo
1990 Il Maestro Walter Goldberg
Moon 44 Major Lee
Class of 1999 Dr. Miles Langford
Maggio musicale Pier Francesco Ferraioli
Happily Ever After Lord Malice Voz
In the Eye of the Snake Professor Baldwin
Jezebel's Kiss Benjamin J. Faberson
Disturbed Dr. Derrek Russell
Schweitzer Albert Schweitzer
1991 The Assassin of the Tsar Timofeyev / Yurovsky
1992 The Player El mesmo Cameo
Chain of Desire Hubert Bailey
1993 Vent d'est General Smyslovsky
Night Train to Venice Stranger
Bopha! De Villiers
1994 Cyborg 3: The Recycler Lord Talon Directo a vídeo
Milk Money Waltzer
Star Trek Generations Dr. Tolian Soran
1995 The Surgeon Dr. Stein
Dangerous Indescretion Roger Everett
Tank Girl Kesslee
Fist of the North Star Ryuken
Kids of the Round Table Merlín
Sharks of the Red Triangle Narrator Voz
Documental
Fatal Pursuit Bechtel
1996 Where Truth Lies Dr. Vernon Renquist
Ringer Noel
1997 2103: The Deadly Wake Captain Sean Murdoch
Asylum Sullivan Rane / Doc
Hugo Pool Henry
Mr. Magoo Austin Cloquet
1998 The Fairy King of Ar Ian
The First 9½ Weeks Francois Dubois Directo a vídeo
The Gardener Ben Carter
1999 Southern Cross Felipe Solano
Love Lies Bleeding Malcolm Mead
Y2K General Seward
My Life So Far Uncle Morris MacIntosh
2000 Gangster No. 1 Gangster 55
2001 Stanley Kubrick: A Life in Pictures El mesmo Documental
Just Visiting Wizard
The Void Dr. Thomas Abernathy Directo a DVD
2002 Between Strangers Alan Baxter
I Spy Gundars
The Barber Dexter Miles
2003 I'll Sleep When I'm Dead Boad
Tempo Walter Shrenger
Inhabited Dr. Werner Directo a DVD
The Company Alberto Antonelli
Red Roses and Petrol Enda Doyle Tamén produtor asociado
2004 Pact with the Devil Henry
Hidalgo Major Davenport Sen acreditar
Evilenko Andrej Romanovic Evilenko
Bobby Jones: A Stroke of Genius O.B. Keeler
Tempesta Paul Valenzin
In Good Company Teddy K - Globecom CEO Sen acreditar
Pinocchio 3000 Scamboli Voz
2005 Rag Tale Richard (The Chief) Morton
Mirror Wars: Reflection One Murdock
Dinotopia: Quest for the Ruby Sunstone Ogthar Voz
Directo a DVD
2006 Bye Bye Benjamin Mr. Coleman Curtametraxe
Cut Off James Burton
2007 The List Desmond Larochette
Exitz Percy
Never Apologize El mesmo Documental; tamén guionista e produtor
Halloween Dr. Samuel Loomis
2008 Doomsday Kane
The Evening Journey Captain Henry Curtametraxe
Blue Gold: World Water Wars Narrator Voz
Documental
Bolt Dr. Calico Voz
Delgo Raius Voz
The Secret Adventures of Mr. Grant Subject/Doctor Sen acreditar
2009 Halloween II Dr. Samuel Loomis
Super Rhino Dr. Calico Voz
Curtametraxe
Suck Eddie Van Helsing
2010 The Book of Eli Lombardi Sen acreditar
Barry Munday Mr. Farley
Tom and Jerry Meet Sherlock Holmes Profesor Moriarty Voz
Directo a vídeo
Easy A Principal Gibbons
Pound of Flesh Professor Noah Melville
DC Showcase: Green Arrow Merlyn[6] Voz
Curtametraxe
Golf in the Kingdom Dr. Julian Lange
Santiago Files Narrator Voz
Documental
2011 L.A., I Hate You Harold Weintraub
The Artist The Butler
The Unleashed Narrator
Suing the Devil Satán Tamén produtor
No Rest for the Wicked: A Basil & Moebius Adventure Mr. Bloome Curtametraxe
2012 Excision Mr. Cooper
Antiviral Dr. Abendroth
A Green Story Barton
Vamps Vlad Tepish
Silent Hill: Revelation 3D Leonard
Silent Night Sheriff Cooper
2013 Richard the Lionheart Rei Henrique II
Sanitarium Dr. Stenson
The Employer The Employer Tamén produtor executivo
Meet the Small Potatoes Lester Koop Voz
Zombex Dr. Soulis
2014 Tbilisi, I Love You Mr. M
Mischief Night Mr. Smiles
Shock Value Edmund Dean Huntley
Free Fall Thaddeus Gault
Some Kind of Beautiful Gordon
2015 Bereave Garvey Tamén produtor executivo
Lady Psycho Killer Gerald Portersen
Dusha shpiona Henry
Scooby-Doo! Moon Monster Madness Sly Baron Voz
Directo a vídeo
Kids vs Monsters Boss Monster
Oceanus: Act One Triton (Ship's Computer) Voz
Curtametraxe
Cowboys & Engines Dr. Clay Short film
2016 The Black Hole Mr. Simms
31 Father Murder
2017 Mississippi Murder McGowan
Death Race 2050 Chairman Directo a DVD
Walk of Fame Evan Polus
Grow House Dr. Doobie
American Satan Mr. Capricorn
Yamasong: March of the Hollows Lord Geer Voz
Culture of Fear Evo
2018 Dreams I Never Had Judge Messner Tamén produtor asociado
Abnormal Attraction Boogeyman
Corbin Nash Blind Prophet
2019 Bombshell Rupert Murdoch
2020 The Big Ugly Harris Tamén produtor executivo
The Christmas Chronicles 2 Hakan Voz
Trick and Treats Trick Voz
Just Noise Colonel Saville

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "British Actor Malcom McDowell Receives Star on Hollywood Walk of Fame". Consultado o 3 de xaneiro de 2018. 
  2. Burke, Tom (30 de xaneiro de 1972). "Movies". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 25 de setembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Malcolm in middle age". Evening Standard (en inglés). 7 de marzo de 2002. Consultado o 25 de setembro de 2019. 
  4. "Malcolm McDowell - Maxim Interview". Maxim. Consultado o 9 de xaneiro de 2013
  5. "Never Apologize - An interview with Malcolm McDowell" Arquivado 09 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.. Movie Mail. Consultado o 9 de xaneiro de 2013
  6. Harvey, James (24 de setembro de 2010). "Main Cast, Crew Details For "DC Showcase: Green Arrow" Animated Short". worldsfinestonline.com. Consultado o 25 de setembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]